portada30

Exposición Ciencia Ex Aequo

Nos corredores do centro temos a exposición Ciencia Ex Aequo, unha serie de obras artísticas/científicas na que se rende homenaxe as mullleres científicas que realizando un magnífico labor e merecendo recoñecemento polo seu traballo foron ignoradas, esquecidas ou relegadas a un segundo plano a favor dos seus superiores, colegas, competidores... que nalgúns caso non tiveron reparo en atribuírse os seus traballos.

A fonte da inspiración da autora Margarita Cimadevila, que impartirá unha charla na vindeira Semana das Ciencias, é o feito científico sobre o que esas mulleres traballaron o que fai que, aínda que todos os cadros tratan de ciencia, toquen temáticas tan diferentes como poden ser a Fusión Nuclear, ADN, Teorema de Noether ou os Púlsares que quedan palsmadas en doce lenzos acompañados dunha breve explicación  sobre o tema e  a científica en cuestión.

A exposición permanecerá no centro durante uns días.

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer