portada30

3º CONCURSO DE FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE

Dende a ANPA de Sar convidámosvos a participar no 3º Concurso de Fotografías pola Igualdade.  Este concurso ten como obxetivo que o alumnado de infantil, primaria, secundaria e bacharelato plasmen a través dunha fotografía como se ve a igualdade en calquera ámbito da vida e promover a reflexión.  De igual xeito tamén poden participar familias.

 

As fotografías enviaránse en formato TIF, PNG ou JPEG de máxima calidade cun tamaño de 10MB ao correo electrónico:  anpascompostela@gmail.com indicando os seguintes datos:

 

CONCURSO FOTOGRÁFICO POLA IGULADADE - FANPA COMPOSTELA 2021

Nome e apelidos 

Nivel que está a cursar a crianza no curso 2020-2021, e centro escolar ao que pertence.

Título e breve texto explicativo da imaxe.

Enderezo electrónico e teléfono de contacto (do pai/nai/titor/titora legal no caso de Infantil e Primaria).

Enviará a foto que concurse como documento adxunto.

O prazo para presentar as fotografías será dende hoxe mesmo ate o 30 de abril do 2021 ás 24:00h

Nas dúas edicións pasadas o alumnado de Sar que participou sempre levou premio.  Animádevos a que participen os vosos fillos e fillas e tamén as familias.

Moitas grazas.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer