portada30

NOVAS MATERIAS OFERTADAS: Introdución á Xeopolítica Contemporánea (1º BACH) e Xeopolítica Contemporánea (2º BACH)

  Para o vindeiro curso 2020-21 vanse ofertar ao alumnado de Bacharelato dúas novas materias de libre configuración, dunha sesión semanal:

- en 1º bach, Introdución á Xeopolítica Contemporánea

- en 2º bach, Xeopolítica Contemporánea

Trátase dunha materia eminentemente práctica, que busca contribuír a que o alumnado, a partir de textos e material audiovisual, adquira unha mellor comprensión dos feitos relevantes da actualidade e desenvolva o sentido crítico.

A Xeopolítica estuda como o territorio condiciona as decisións do goberno dun país ou dunha zona de integración rexional e trata de explicar as relacións de poder entre rexións.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer