FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Fránces
Participación no Festival da Francofonía
Enviado por Ana Sánchez o Mar, 07/05/2024 - 21:45O alumnado de francés de 1.º e 2.º ESO, acompañados da profesora da materia Ana Sánchez, desprazouse este luns ata Vilanova de Arousa para participar no multitudinario XIII Festival da francofonía. Como en edicións anteriores encheu o pavillón polideportivo da localidade arousá encheuse de escolares de toda Galicia para compartir cancións en lingua francesa. Ademais do festival e da experiencia de convivencia, tiveron a oportunidade de visitar o Museo Valle-Inclán e mais realizaren unha navegación pola ría de Arousa.
VIAXES DE ESTUDOS E FIN DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 15/04/2024 - 11:50Portugal, 25 de abril (Aveiro, Lisboa, Coimbra)
21 - 26 de abril
Portugués
Patio da Universidade de Coimbra
Spring Week - Inmersión lingüística
14 - 20 de abril
Inglés
O alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se está a levar a cabo en Mondariz. Acompaña o titor Andrés Ferreira.
Spring WeeK trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar nesta ocasión na localidade de Mondariz. Están desenvolver actividades relacionadas coas enerxías renovables, acción polo clima e sustentabilidade, empregando o inglés como lingua vehicular. Ao final da semana terán que presentar e expoñer en grupos os seus proxectos.
Asemade mellorarán as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros centros educativos de Galicia. Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer.
Viaxe de estudos a Bruxelas e cidades belgas
11 - 15 de abril
2LE - Francés
Alumnado de francés acompañados da profesora Ana Sánchez
|
Gaufres, crêpes et crème
Enviado por Olga Recio o Sáb, 19/03/2016 - 13:59Para despedir o trimestre, este xoves a clase de frances de 3.º ESO converteuse nunha improvisada cociña onde elaborar un doce almorzo coas receitas francesas de gaufres, crêpes et crème. Coñecendo as excelentes mans reposteiras da profesora Olga Recio e dos seus afervoados axudantes, o produto final non defradou a ninguén.
Bon appétit et joyeux anniversaire, Olga.