FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Normas para a elección de delegados/as
Enviado por admin o Ven, 26/08/2011 - 10:53
NORMAS PARA A ELECCIÓN DE DELEGADOS/AS
- As eleccións para designar representantes do alumnado serán convocadas e coordinadas polo titor/a e a Xefa de Estudos.
- O nomeamento terá a duración do ano académico e o cesamento producirase con anterioridade do período sinalado polas seguintes causas:
- Traslado do interesado/a.
- Dimisión do interesado/a
- Petición dos 2/3 do alumnado do grupo, previa aprobación do titor/a.
- Apertura de expediente ao interesado/a
- As reclamacións que puidesen producirse contra o desenvolvemento das sesións serán elevadas ao titor/a, que resolverá á vista das alegacións presentadas.
- Cada grupo elixirá dous representates, que serán o delegado/a e subdelegado/a respectivamente.
- Poderán ser electores e elixidos todos os alumnos/a do grupo.
- Os titores/as coordinarán o proceso electoral na hora de titoría na aula do grupo.
- A Mesa Electoral estará composta polos seguintes membros:
- O titor/a como Presidente
- Dous alumnos/as designados por sorteo: o máis novo acturará como Secretario para levantar a Acta que será arquivada polo titor/a, a Xefatura de Estudos ou o Departamento de Orientación.
- O quórum esixible será de 2/3 do alumnado do grupo.
- A votación será nomal e secreta. O Presidente chamará ao alumnado por orde de lista e recollerá as súas papeletas. En cada unha figurará soamente o nome dun alumno/a. Anularanse as papeletas que non cumpran ese requisito.
- Se un alumno/a acada máis do 50% dos votos emitidos, tanto el como o que lle siga en número de votos serán designados representates do grupo.
- Se na primeira votación ningún alumno/a acada esta porcentaxe, efectuarase unha segunda votación entre os catro alumnos/as que obtiveran o maior número de votos, procedéndose a designar como representante aos que obteñan maior número de votos.
- En caso de empate nun dos casos anteriores, realizarase unha votación entre os empatados/as.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Acta elección delegado.pdf | 359.41 KB |