FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Bacharelato
1.º Premio e finalistas do Emprende Ferrolterra Xove, 2015
Enviado por admin o Ven, 08/05/2015 - 21:57
1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de Ferrolterra na categoría de bacharelato ao proxecto empresarial Asemade, quedou finalista o proxecto Traveling Objects Parabéns a todos os participantes e a Mara Meiriño,
|
Visita a centros de FP en Ferrol
Enviado por admin o Xov, 12/03/2015 - 21:31O alumnado de bacharelato visitou este xoves, 12 de marzo, as instalacións de varios centros de FP de Ferrol: CIFP Rodolfo Ucha e CIFP Ferrolterra. Deste xeito puideron coñecer a oferta educativa de diferentes familias profesionais.
Participación na V Olimpíada Galega de Economía
Enviado por admin o Sáb, 21/06/2014 - 13:26O pasado día 18 de xuño tuvo lugar a V edición da Olimpíada Galega de Economía na Facultade de Administración de Empresas de Lugo. Participaron as alumnas de 2.º BAC: Cristina Reborido e Zoe Rivera.
Mención especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Enviado por admin o Lun, 02/06/2014 - 23:42Parabéns a Verónica, Carlos, Carmen e Sergio de 1.º BAC que veñen de acadar unha meción especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO.
A entrega dos premios e diplomas realizarase o vindeiro 20 de xuño en Santiago. Pero ademais o seu traballo baseado nunha análise sensorial de varias clases de pans foi seleccionado para representar a Galicia na Fase Nacional deste concurso.
Estamos moi orgullosos deste resultado. porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto no que ten moito que ver a profesora Covadondga e todo o departamento de Matemáticas.
Mención Especial: |
Foto La Voz de Galicia - Ferrol
Segundo posto no Canta Ferrol 2014.
Enviado por admin o Dom, 18/05/2014 - 18:41Orgullosos de Iria Regueiro Cruz (2.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o segundo posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns!!!
Mención de Honra na Olimpíada Matemática
Enviado por admin o Dom, 02/02/2014 - 15:19
|
Laura Ordóñez Mención de Honra na |
Charla sobre primeiros auxilios
Enviado por admin o Mar, 07/05/2013 - 22:39Esta semana celebráronse no centro varias actividades relacionadas coa saúde. O alumnado de 1.º e 3.º ESO asistiron a unha charla informativa sobre a diabete impartida por DAMIÁN GARCÍA.
Ademais, esta tarde, o profesor de Anatomía no INEF e especialista en medicina do deporte, CARLOS AGRASAR, impartiu unha charla sobre primeiros auxilios centrada na reanimación cardio pulmonar (RCP) e a ventilación boca a boca. A sesión foi eminentemente práctica e o alumnado de bacharelato puido coñecer e ter un primeiro contacto con estas técnicas.
Charla con antigos alumnos (II)
Enviado por admin o Mér, 20/03/2013 - 23:15
Seguindo coas sesións informativas protagonizadas por antigos alumnos, esta mañá "regresaron" ao instituto Fernando Nicolás Puentes e José Ramón Fuentes. Nas súas intervencións transmitiron de primeira man ao alumnado de bacharelato as súas vivencias e información académica das súas respectivas titulacións, enxeñaría e traballo social.
Agradecemos a súa estupenda disposición a compartir connosco o seu tempo e contaxiarnos a paixón polas súas carreiras e a formación, en xeral.
Parlamento Xove, 2013
Enviado por admin o Lun, 04/03/2013 - 22:06Dous equipos de bacharelato representaron ao instituto no Parlamento Xove deste ano. Os primeiros debates tiveron lugar este sábado na Deputación da Coruña. Desde a preparación ata as vivencias dos debates, entre argumentacións e refutacións, resultou unha experiencia moi positiva. A actuación dos nosos representantes foi moi digna e cumpriu todos os obxectivos pedagóxicos que tiñamos sinalados. Parabéns a todos!!!
Equipo de 1.º BAC. no momento do sorteo previo ao debate.
Equipo de 2º. BAC. agardando o resultado do xurado.
Charla orientativa sobre criminalística
Enviado por admin o Mér, 09/01/2013 - 23:43O tenente e xefe do laboratorio de criminalística de Galicia Jesús Ponte impartiu esta mañá unha charla ao alumnado de bacharelato dentro do programa de orientación académica e profesional.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6