Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Matemáticas

8º SESIÓN DO PROGRAMA DE MELLORA: ALEMÁN (1)

Wie geht´s?. Da man de Olga Recio, profesora de francés e de Carmen Bernabéu, profesora de física e química, o alumnado do programa dixo as súas primeiras palabras en alemán. Non moitas, pero poideron coñecer características deste idioma e descubrir, por exemplo, o parecido que ten co inglés e como ten declinacións como o latín. Haberá unha segunda sesión que promete ser moi interesante. na imaxe a profesora Olga Recio nun momento da sesión.

Tschüss!

Programa de Mellora: CRIPTOGRAFÍA

De xeito excepcional a sesión do Programa de Mellora tivo lugar o mércores  pois o luns houbo unha sesión de formación de profesorado que non podía celebrase noutra data. Da man do profesor de matemáticas Jesús Conde, e coa colaboración da tamén profesora de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes, o alumnado iniciouse na ciencia da Criptografía.

 Despois de coñecer o vocabulario básico, o alumnado apredeu a usar a escítala lacedemonia, método de encriptar mensaxes usado xa no século V aC en Grecia, despois descubreu o método César dos romanos e rematou a sesión coñecendo os modernos e moi pronto indispensables, códigos QR. As congruencias matemáticas, ferramenta desta ciencia, pereceron ser do agrado dos rapaces.

PROGRAMA DE MELLORA: "Qué comemos?"

O luns 13, o biólogo e profesor Mundo López, acompañado de Ofelia Lubián -profesora de Filosofía e responsable do blog "O recanto verde"- levaron ao Programa de Mellora un tema bastante compricado: a adecuada alimentación. 

Aprendemos que a pirámide dos alimentos agora substitúese poda Roda dos Alimentos na que hai que fixarse nos tamaños dos sectores (maior tamaño implica conveniencia de consumo) e nos tamaños e colocación dos alimentos nos sectores (maior tamaño implica mellores cualidades alimenticias). Así, podemos comprobar que o aceite virxe é mellor para a saúde que a manteiga e esta mellor que a margarina.

Por certo, na enquisa previa á sesión, varios alumnos/as (cinco ou seis) afirmaron non almorzar, é dicir, chegan ao instituto pola mañá sen ter inxerido alimento algún.  Preocupante pois teñen entre 13 e 14 anos.

Clasificación 1ª xornada do OPEN

Podedes consultar a clasificación despois da primeira xornada

3'14"

O Xogo do Canguro Matemático

Pulsando no seguinte enlace podes xogar a resolver problemas matemáticos de diferentes niveis e en orde de dificultade crecente...

http://www.canguromat.org.es/aplicacion/index.php

O IES Mugardos no Congreso de ENCIGA

Esta fin de semana o IES Mugardos estivo moi presente no XXIV congreso dos Ensinantes de Ciencia de Galicia (ENCIGA). O congreso celebrouse en A Fonsagrada e estivo a moi alto nivel e moitos sentidos: calidade, organización e ....máis de 900 metros sobre o nivel do mar.

Na imaxe María e José Luis ao remate da súa exposición. Tamén participou Covadonga coa comunicación que se pode ver na web http://www.enciga.org/

Galois está de moda.

Se a figura de Evariste Galois espertou a túa curiosidade, podes ler esta recente publicación: http://www.publico.es/ciencias/404230/el-matematico-revolucionario-resucita

Sucedeu de verdade, coñece a un xenio: Evariste Galois

A vida e obra de Galois non deixa indiferente a ninguén.  Mozart, Shakespeare, Steve Jobs .... GALOIS, xenios que debemos coñecer

Series documentais en rtve.es

No seguinte enlace iranse recuperando as grandres series documentais que formaron parte de "La aventura del saber"

 http://www.rtve.es/television/la-aventura-del-saber/documentales/

 

Solución do problema das eleccións xustas

A semana pasada El Pais propoñia un desafío matemático (http://www.elpais.com/videos/sociedad/paradoja/electoral/elpepusoc/20110929elpepusoc_1/Ves/ ) no que, despois de  cuestionar a xustiza de elixir ao candidato máis votado nunhas eleccións e de propoñer un sistema (Método Borda) de elección por orde de mérito, preguntaba pola porcentaxe de votos necesarios a obter para que o candidato máis votado fora tamén o de mellor orde de mérito.  Neste enlace podedes ver a solución que,  seguramente  vai sorprender:  http://www.elpais.com/videos/sociedad/dura/eleccion/elpepusoc/20111004elpepusoc_2/Ves/

I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

No curso 2010-11 a Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) convocou o I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na categoría A: 1º e 2º da ESO acadaron  o PRIMEIRO PREMIO:

- Título: As novas tecnoloxías, fóra da aula, no IES de Mugardos.
- Centro: IES de Mugardos (A Coruña).

- Titora: María Ángel Martínez Rodríguez.
  
- Alumnos: Sergio Vila Plana, Carmen Sanmartín Fero, Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Mauriz e Andrés Novoa Menaya.

 

Na categoría C: Bacharelato e Ciclos Formativos

Participaron:

Título: A Estatística na ESO e no Bacharelato en Galicia

Alumnos: Bernardo Cendán Sánchez; Eduardo Fernández Pérez; Emily Gómez Machado; Wendy Teresa Prego Anglada

Titor: José Luis Mayobre Antón

 Parabén a todos os participantes.

Nas eleccións: é xusto elixir ao candidato máis votado?. Novo problema semanal.

Un novo desafío matemático de El Pais que pode sernos de utilidade para reflexionar sobre a xustiza electoral: É xusto elixir ao candidato máis votado?  Se non ten maioría absoluta ese candidato é rexeitado pola maioría dos votantes, logo,.... Neste enlace hai unha proposta para elixir con maior equidade ao candidato e un interesante problema: http://www.elpais.com/videos/sociedad/paradoja/electoral/elpepusoc/20110929elpepusoc_1/Ves/

Adrián Paenza: problemas non resoltos e actitude dos ensinantes

Todavía non sei resolver o desafío, pero non me preocupo. O arxentino Adrián Paenza, matemático, escritor e divulgador de ciencia fala dos problemas sin resolver e doutras cousas moi interesantes, sobre todo para o profesorado. 

 

 

A aula de matematicas (aula 4) estrea reloxio

Así pode aproveitarse o paso do tempo para facer máis matemáticas.

Comprobade como a división nas horas 3, 5 e 11 non segue o mesmo "algoritmo" que nos aprendimos na escola. Hai moitas formas de facer divisións, seguramente a máis extendida no mundo é a que podedes ver no enlace seguinte:

Xeometría: descubrindo novos poliedros. O poliedro de Schönhardt

Trátase dun poliedro que non se pode descompoñer en tetraedros.  Para saber máis: http://gaussianos.com/el-poliedro-de-schonhardt/

 

1º. PREMIO “Incubadora de Sondaxes e Experimentos”

Parabéns a Verónica, Andrés, Carlos, Carmen e Sergio de 2º. ESO  por acadar o primeiro premio no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. Estamos moi orgullosos porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto. Parabéns á profesora María Martínez e a todo o departamento de Matemáticas.

Distribuir contido