Documentos

SEMANA CULTURAL 2015. VIDEOS TVG

»

GALICIA SKILLS 2014

Hoxe 7 de novembro celebrouse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o certame GALICIA SKILLS, no cal se premian os mellores traballos desenvolvidos polo alumnado da Formación Profesional. No acto ao que concorreron estudantes de toda Galicia, estivo representado o noso centro por NICOLÁS NEIRA BOTANA, alumno de 2º curso do ciclo de Electromecánica de Vehículos. Desafortunadamente Nicolás non acadou ningún dos dous únicos trofeos, aínda que participou na fase final do concurso.

100% DE APROBADOS NA SELECTIVIDADE NA CONVOCATORIA DE SETEMBRO DE 2014

O QUE VEN SENDO HABITUAL NO NOSO CENTRO NA CONVOCATORIA DE XUÑO,  REPÍTESE TAMÉN NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: O 100% DO ALUMNADO SUPEROU A SELECTIVIDADE NESTE SETEMBRO DE 2014.

NORABOA!!!!

MELLORAS NO IES

Co fin de facer máis agradable o noso traballo e o dos nosos alumnos procedeuse a facer diversas melloras no noso instituto, creouse un novo Departamento de Orientación e un novo espazo para que os titores poidan recibir aos pais dos seus alumnos, recolocaronse os despachos correspondentes a dirección e estase a acondicionar o taller de automoción.

 

UN ALUMNO E UNHA ALUMNA DO CENTRO RECIBIRON UNHA HOMENAXE NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

NURIA BELLO BARRAL e ALBERTO RIVADULLA SÁNCHEZ, participaron nunha homenaxe que a Universidade de Santiago de Compostela dedica aos alumnos/as que obtiveron máis de 9 puntos de media entre  a Parte Xeral das probas de Selectividade e as notas de Bacharelato. No evento que reuniu a maís de 400 alumnos/as de toda Galicia, os nosos representantes recibiron un diploma acreditativo e outros agasallos.

Distribuir contido