Presentación da reforma integral do IES de Curtis

O pasado martes 17 de xaneiro recibimos a visita do Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodriguez, para presentar a reforma integral que se vai levar a cabo no IES de Curtis. Esta reforma traerá consigo o cambio da cuberta, a instalación de SATE en todo o centro, o cambio da carpintería exterior e a renovación do acceso principal.

Estímase que as obras comezarán a mediados do mes de Maio, unha vez que pase o proceso de licitación, e que estas conclúan nuns cinco meses, a comezos do curso 2023/24.

Premendo nas seguintes ligazóns podedes acceder á nova nos distintos medios:

- Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

- La Voz de Galicia

- La Opinión

- El ideal gallego