CICLOS FORMATIVOS 2020/21. ADXUDICACIÓN

Veñen de ser publicadas as listaxes de persoas con prazas adxudicadas a ciclos formativos para o curso 2020/21, que poden ser consultadas na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-1a-adxudicacion-ordinaria-convocatoria-2020

A documentación a entregar no centro é:

  • Impreso de matrícula (pode obterse da aplicación)
  • 4 fotos tamaño carné
  • Documentación acreditativa de acceso ao ciclo formativo
  • Xustificante de pagamento do seguro escolar (1,12 euros). Están exentos do pagamento os maiores de 28 anos. 

As persoas con praza adxudicada poden matricularse ou renunciar mediante a aplicación informática. No caso de confirmar a matrícula na web poderase entregar a documentación indicada o primeiro día de clase. As restantes persoas deberán entregala no centro respectando os prazos marcados na convocatoria.