NOVIDADES SOBRE FCT E ABAU

Xúntanse ligazóns con información sobre o desenvolvemento da FCT e das ABAU

FCT:  Ligazón que redirixe á Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.Achego tamén os Anexos I e II. Segundo a mesma dannos marxe aos centros para decidir prácticamente á carta a realización da FCT ou presentar un traballo, ao igual que se flexibilizan as datas de celebración:  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30894

 

ABAU:  Na seguinte ligazón podedes ver o texto consolidado, inclúe a Orde PCM/139/2020, do 17 de febreiro, publicada no BOE de 19 de febrero de 2020, pola que se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación de bacharelato e a  Orde PCM/362/2020 publicada no BOE de hoxe 23 de abril que modifica a Orde PCM/139/2020  https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-2384&tn=1&p=20200423