Skip to Content

Novas

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL ALUMNADO 2FPB, 2CFs e ESA

Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

 

 

A certificación en competencias dixitais acredita os coñecementos, habilidades e aptitudes en competencias dixitais que toda persoa debe lograr para participar na sociedade dixital de forma segura e crítica usando as tecnoloxías dixitais. Establécense 4 niveis (Iniciación, Intermedio, Avanzado e Especializado). Máis información no seguinte ENLACE

Alumnado de 2º FPB que titula ou titulou no curso 2023-2024:

  • Recibe de oficio a acreditación de Iniciación. Non ten que facer nada.
  • Pode acreditar o nivel intermedio mediante unha proba examinándose das áreas 1,2,3,4 e 5. Ten que solicitalo mediante o Anexo I


Alumnado de 2º CM Sistemas microinformáticos e redes que titula ou titulou no curso 2023-2024:

  • Recibe de oficio a acreditación de nivel intermedio. Non ten que facer nada.

 

Alumnado de 2º CM Electromecánica de Vehículos / Soldadura e Caldeiraría que titula ou titulou no curso 2023-2024:

  • Obtén por titulación as áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel Intermedio
  • Necesitaría examinarse por proba  só da área 4 do nivel intermedio, se así o desexa.

 

Alumnado de 2º CS DAW que titula no curso 2023-2024:

  • Recibe de oficio a acreditación de nivel intermedio. Non ten que facer nada.


Alumnado de ESA que titula no curso 2023-2024:Recibe de oficio a acreditación de Iniciación. Non ten que facer nada.

  • Pode acreditar o nivel intermedio mediante unha proba examinándose das áreas 1,2,3,4 e 5

Estas probas celebraranse no centro no mes de xuño e a data para anotarse remata o 22 de maio.

Para anotarse ás probas hai que cubrir o Anexo I

Exemplo dunha proba de nivel intermedio no seguinte ENLACE

 

RECOLLIDA DE TÍTULOS

O alumnado que se cita a continuación, que rematou os seus estudos no ano 2022, pode pasar a recoller o título na Secretaría do Instituto, para o que será necesario a presentación do DNI:

- ESO

- ESA (ESO de Adultos)

- FP Básica

- Ciclos formativos de grao medio e superior

SEMANA AZUL RÍAS BAIXAS 2º, 3º e 4º ESO

Datas: 6, 7 e 8 de maio de 2024

Cursos: 2º, 3º e 4º ESO

Máis información no seguinte ENLACE

As inscricións realizaranse a través da seguinte URL:

 

https://www.pradotours.eu/inscripciones/colegio-castro-uz-rias-baixas/

 

Para inscribirse é necesario cubrir todos os datos do formulario e realizar o pago a través da plataforma do enlace anterior.

Data límite para inscribirse: 5 abril

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023-2024 - 2º ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 2.º curso de ESO. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Trátase dunha proba anónima que valorará as competencias do alumnado nas materias de linguas (castelán, galega e estranxeira) así como en matemáticas. Non terá ningún efecto académico nin se reflectirá no expediente do alumnado. O obxectivo desta avaliación é obter información sobre o sistema educativo e o grao de adquisición das competencias en cada centro, tomando como referencia o alumnado de toda Galicia.

Información máis detallada no seguinte enlace

 

BECAS PARA ESTUDAR - CURSO 2024-2025

Publicación dos prazos de solicitude de becas do Ministerio de Educación para realización de estudos postobrigatorios (Bacharelato, FP e Universidade) para o curso 2024-2025.

Prazo para facer a solicitude: Do 19 de marzo ao 10 de maio

Mais información: NESTE ENLACE

 

VIAXE CLUB DE LECTURA 2024

Datas: 19 ao 22 de maio de 2024

Cursos: Alumnado pertencente ao do Club de Lectura

Para inscribirse:

A través de este enlace: https://galicia.viajesdegrupos.es

Videos ayuda plataforma de de Titeam:

- Registro de clientes: https://youtu.be/4-3PfLIdNrY
- Inscripción de pasajeros: https://youtu.be/hjiGXE8NPWg

Proceso: Alta / verificación en email (puede estar en bandeja de Spam) /inicio de sesión en portal del viaje/inscripción de viajero /pago de plaza.

A no ser que se indique lo contrario por parte de la organización del viaje solamente serán necesarios cubrir los datos marcados con asteriscos de los inscritos al viaje.

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL ALUMNADO ESO

Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24.

 

 

A certificación en competencias dixitais acredita os coñecementos, habilidades e aptitudes en competencias dixitais que toda persoa debe lograr para participar na sociedade dixital de forma segura e crítica usando as tecnoloxías dixitais. Establécense 4 niveis (Iniciación, Intermedio, Avanzado e Especializado). Máis información no seguinte ENLACE

O alumnado que obteña o título de ESO recibirá automaticamente o certificado que acredite o nivel de INICIACIÓN.

O alumnado matriculado en 4º ESO poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel INTERMEDIO. Podes descargar aquí o FORMULARIO DE INSCRICIÓN e entregalo na Secretaría do centro.

Estas probas celebraranse no centro no mes de maio e a data para anotarse remata o 15 de marzo.

Breve resumo no seguinte ENLACE

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O mércores 28 de febreiro ás 18:00 horas no salón de actos do centro, imos celebrar unha xornada de portas abertas. Comezaremos cunha pequena reunión para dar a coñecer o centro e o noso proxecto educativo. A continuación realizaremos unha visita polas distintas instalacións do centro.

SPRING WEEK 2024

 

 

O programa de inmersión lingüística activa Spring Week desenvólvese de acordo co obxectivo e características que se especifican a continuación:

1. O obxectivo principal é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística activa en lingua inglesa que lle permita desenvolver actividades comunicativas nesta lingua, nunha contorna de comunicación real, ao mesmo tempo que afondan en coñecementos relevantes doutras áreas e materias do currículo do seu nivel e etapa educativos. Así mesmo, contará con actividades que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural cunha metodoloxía adecuada ó seu nivel e etapa educativos.

2. O contido deste programa inclúe actividades académicas, de tempo libre e obradoiros cuxa finalidade é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

3. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa e promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. (Enerxías renovables, produción e consumo responsable, cidades sostibles , acción polo clima).

No curso 2022-2023 solicitamos a participación neste programa e foinos concedido, polo que o alumnado de 1º ESO desenvolveu estas actividades  do 28 de maio ao 3 de xuño de 2023.

No curso 2023-2024 foinos concedido por segundo ano consecutivo. Desta vez participa o alumnado de 3º ESO do 21 ao 27 de abril de 2024.

Guía Spring Week 2024

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CASTRO DA UZ 2023

Un ano máis convocamos o CONCURSO FOTOGRÁFICO cara a elaborar o calendario do 2024. Este ano, destinamos o concurso a  todo o alumnado, profesorado, e persoal  non docente  (serán categorías diferentes).

O prazo remata o 5 de decembro.

Tedes as normas do concurso (temática, formato, etc...) na seguinte ligazón

¡ANÍMATE A PARTICIPAR!

INNOVATECH FP

Participamos con 2 grupos de alumnado na convocatoria InnovaTech FP que ten por obxectivo principal fomentar a innovación tecnolóxica e emprendemento industrial, promovendo a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional.

Estes son os retos nos que participamos:

- Desenvolvemento dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permita a monitorización das condicións ambientais con FINSA.

- Sistema tecnolóxico para o coidado activo e preventivo de persoas maiores coa Fundación San Rosendo.

Cada grupo deberá abordar a resolución destes Retos Tecnolóxicos  propostos polas empresas e cuxa solución deberá ter un impacto positivo sobre o desenvolvemento do medio rural.

O alumnado participante afrontará os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e que conten cunha distribución equitativa de xénero entre os seus membros. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Por último, este programa permitirá ao alumnado desenvolver habilidades prácticas, prepararse para o mundo laboral, fomentar a creatividade e a innovación, promover o traballo en equipo, aumentar a motivación e o compromiso, estimular o espírito emprendedor e establecer conexións coa industria.

Máis información no seguinte ENLACE

Listaxe defininiva de equipos presentados ao programa InnovaTech FP no seguinte ENLACE

 

XV Premios Nacionais MT de Música Tradicional 2023 - Silvia Calvo galardoada co 3º premio

O venres 2 de Xuño de 2023, tivo lugar no Gran Teatro Reina Sofía de Benavente (Zamora) a gala de entrega dos XV Premios Nacionais MT de Música Tradicional do Vello Reino de León, a cita máis importante para os amantes do folclore e que reuniu aos mellores músicos e grupos. Silvia Calvo Vilaboy, alumna de 2º de ESO, foi galardoada co 3º premio con pola realización dun ilustrativo e orixinal traballo sobre a música e os traxes tradicionais de Salamanca.


Asistiron ao acto tamén, os nenos e nenas do grupo de 2º de ESO que participaron no concurso presentando innovadores traballos. Grazas Ana Belén Puente por animar ao alumnado a participar nesta iniciativa e espertar o interese dos rapaces no gusto pola Música!!

 

 

 

Viaxe fin de estudos a Edinburgh alumnado ESA

O alumnado que cursa a ESA (ESO de adultos) organizou unha viaxe a Edinburgh (Escocia). No seguinte vídeo amósase un resumo da viaxe.


 

Xornadas do programa Atrévete

O programa Atrévete que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Asociación de Empresarios Seara, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da contorna.

Nos próximos días recibiremos as seguintes visitas:

Mércores 26 de abril: alumnado do CEIP Plurilingüe A Fraga

Venres 28 de abril: alumnado do CEIP Plurilingüe A Magdalena

Venres 12 de maio: alumnado do CEIP O Marbán

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

As probas libres de ciclos formativos teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de FP, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Máis información no seguinte enlace ou na Secretaría do centro.

Prazas ofertadas no Castro da Uz + info

Prazo para anotarse: do 17 ao 28 de abril (De quedar prazas vacantes poderíase anotar ata o 31 de maio.) + info

Semana de acollida do Programa EduExchanges de intercambios escolares

O sábado 25 rematou a semana de acollida do grupo de estudantes e profesorado do Collège da localidade francesa Arzacq-Arraziguet.
Foi unha bonita experiencia de intercambio de costumes e tradicións entre os nenos e as familias pontesas e francesas. Entablaron boas relacións e crearon vínculos perdurables. Visitaron  lugares emblemáticos da zona como as Fragas do Eume, a Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego… E  sobre todo,  aproveitaron  a oportunidade para manter, comprender e practicar a lingua francesa e os contidos aprendidos nas aulas.
Días inesquecibles!!

BECAS PARA ESTUDAR - CURSO 2023-2024

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

- Prazo de solicitudes para o curso 2023-2024: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
- Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:
- https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

Programa EduExchanges de intercambios escolares con outros centros educativos

Do luns 20 ao sábado 25 de marzo de 2023 visitaron As Pontes 23 alumnos/as e 2 profes do Collège  da localidade francesa Arzacq- Arraziguet, dentro do programa de intercambios escolares con outros centros educativos EduExchanges da Consellería de Educación. Visitaron o centro e realizaron diferentes visitas polo lugares máis emblemáticos da zona. Participa o noso alumnado de Francés do centro. 

Planing intercambio Collège Arzacq-Arraziguet - IES Plurilingüe Castro da Uz

Distribuir contido


by Dr. Radut