Skip to Content

Transporte Escolar

Transporte escolar

O centro non ten asignado servizo de transporte escolar gratuíto. Co fin de optimizar os recursos existentes, a Consellería permite ao alumnado de ESO, FP Básica e Ciclos formativos, previa solicitude presentada pola familia (ou o alumando no caso de ser maiores de idade), viaxar gratis no transporte do IES Moncho Valcarce, con dúas condicións:

1. Que haxa prazas vacantes nos autobuses.
2. Que non haxa que modificar nin as  rutas existentes nin as paradas.

Actualmente hai 2 liñas de transporte non integradas, que dependen da Consellería de Educación.

Hai 7 liñas (liñas integradas que dependen da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade).

ALUMNADO DE ESO E FPB:

Ten que solicitar autorización, tanto nas liñas integradas como nas non integradas.

ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS:

Para usar as liñas integradas ten que solicitar a tarxeta Xente Nova para poder viaxar.

Para usar as liñas non integradas ten que solicitar autorización.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut