Skip to Content
TELÉFONOS DE CONTACTO: 881930001 - 881930002 - 650858937

ANUNCIOS

Mércores 15 de maio: publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido para ESO 2024-2025

Mércores 22 de maio: alumnado de 2º FPB, 2º CFs e ESA, remata prazo para anotarse ás probas de acreditacion da competencia dixital +info

O alumnado que rematou estudos en 2022, xa pode pasar a recoller o título. +info

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DE MAIO 2024

Venres 3: Visita á Casa de Manuel María. Outeiro de Rei. 4º ESO. De 8:30h a 13:20h.

Luns 6 e martes 7: Festival da Francofonía. Vilanova de Arousa. Alumnado de francés. Saída luns ás 15:30h.

De Luns 6 a mércores 8: Semana Azul. Baiona. 2º e 3º ESO.

Martes 7: Visita ao Parque Eólico de SOTAVENTO. 3º ESO e 4º ESO (alumnado Tecnoloxía). De 9:30h a 14:00h.

Mércores 8: Correlingua na Muralla de Lugo. 1º e 3º ESO. De 8:30h a 14:00h. Lugo.

Xoves 9: Curso Intelixencia Artificial.  Raquel Pedrouso-Emprendemento. De 9:00h a 11:30h: FPBásica e Ciclo Formativo 1º SMR; De 11:30h a 14:00h: Ciclos Formativos ADMIN e 2º SMR. Aula Emprendemento.

Venres 10: Curso Intelixencia Artificial.  Raquel Pedrouso-Emprendemento. De 9:00h a 11:30h. Ciclos Formativos MECATRÓNICA e SOLDADURADe 11:30h a 14:00h: Ciclo Formativo EVA. Aula Emprendemento.    

Venres 10: Charla- Debate sobre Saúde Mental. De 9:20h a 10:10h: 1º ESO; De10:30h a 11:20h:3º ESO e FPBásica. Salón de Actos

Venres 10: Presentación "Educación en Feminino: Un Paseo pola Historia". Laura Ventura e Laura Carballeira da USC. 2º ESO: De 12:30h a 13:20h; 4º ESO: De 13:20h a 14:10h.Biblioteca.

Luns 13: Obradoiro:"Educación Emocional e Convivencia Escolar"De 8:30h a 9:20h:1º ESO; De 9:20h a 10:10h:4º ESO; De 12:30h a 13:20h: 2º ESO; De 13:20h a 14:10h: 3º ESOSalón de Actos.

Luns 13: Charla temática: "Pornografía destrutiva" Espazo en familia. 1º FPBásica. De 12:30h a 13:20h.Aula Emprendemento.     

Martes 14: Charla de Alimentación e Nutrición. 2º e 4º ESO. De 10:30h a 11:20h

Mércores 15: Obradoiro: "Aulas Activas de Seguridade Vial". De 10:30h a 11:20h:1º ESO; De 11:20h a 12:10h: 2º ESO e FPBásica.

Xoves16: Lemos cos nosos maiores. Visita do alumnado do Club de Lectura de 2º e 4º ESO á Residencia A Magdalena. De 10:30h a 13:00h

De domingo 19 a martes 22: Viaxe Día do Libro a Madrid. Club de Lectura

Mércores 22: Charla Plan Director: "Prevención Alcohol e Drogas". 3º ESO. De 11:20h a 12:10h.

Xoves 23: Roteiro Matemático. 3º ESO.

Xoves 23: Visita á Axencia Europea da Pesca EFCA. Vigo

Luns 27: Roteiro polas Fragas do Eume e visita ao Museo Etnográfico. 1º  ESO. De 10:30h a 18:00h

Luns 27: Charla temática: "Pornografía destrutiva" Espazo en familia. 1º FPBásica. De 12:30h a 13:20h

Venres 31: Visita á Casa de Rosalía de Castro. Padrón. 3º ESO. De 8:30h a 14:35h

ACREDITACIÓN COMPETENCIA DIXITAL ALUMNADO 2FPB, 2CFs e ESA

Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

 

 

A certificación en competencias dixitais acredita os coñecementos, habilidades e aptitudes en competencias dixitais que toda persoa debe lograr para participar na sociedade dixital de forma segura e crítica usando as tecnoloxías dixitais. Establécense 4 niveis (Iniciación, Intermedio, Avanzado e Especializado). Máis información no seguinte ENLACE

Alumnado de 2º FPB que titula ou titulou no curso 2023-2024:

  • Recibe de oficio a acreditación de Iniciación. Non ten que facer nada.
  • Pode acreditar o nivel intermedio mediante unha proba examinándose das áreas 1,2,3,4 e 5. Ten que solicitalo mediante o Anexo I


Alumnado de 2º CM Sistemas microinformáticos e redes que titula ou titulou no curso 2023-2024:

  • Recibe de oficio a acreditación de nivel intermedio. Non ten que facer nada.

 

Alumnado de 2º CM Electromecánica de Vehículos / Soldadura e Caldeiraría que titula ou titulou no curso 2023-2024:

  • Obtén por titulación as áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel Intermedio
  • Necesitaría examinarse por proba  só da área 4 do nivel intermedio, se así o desexa.

 

Alumnado de 2º CS DAW que titula no curso 2023-2024:

  • Recibe de oficio a acreditación de nivel intermedio. Non ten que facer nada.


Alumnado de ESA que titula no curso 2023-2024:Recibe de oficio a acreditación de Iniciación. Non ten que facer nada.

  • Pode acreditar o nivel intermedio mediante unha proba examinándose das áreas 1,2,3,4 e 5

Estas probas celebraranse no centro no mes de xuño e a data para anotarse remata o 22 de maio.

Para anotarse ás probas hai que cubrir o Anexo I

Exemplo dunha proba de nivel intermedio no seguinte ENLACE

 

RECOLLIDA DE TÍTULOS

O alumnado que se cita a continuación, que rematou os seus estudos no ano 2022, pode pasar a recoller o título na Secretaría do Instituto, para o que será necesario a presentación do DNI:

- ESO

- ESA (ESO de Adultos)

- FP Básica

- Ciclos formativos de grao medio e superior

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA CURSAR ESO NESTE CENTRO EN 2024-2025

NORMATIVA REGULADORA:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Páxina web de admisión de alumnado da ESO

 

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA:

Só o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe A Fraga que desexe continuar estudos de 1º ESO no IES Plurilingüe Castro da Uz o vindeiro curso académico 2024-2025.

Só alumnado de 4º de ESO do IES Plurilingüe Castro da Uz que desexe continuar estudos de Bacharelato no IES Moncho Valcarce no vindeiro curso 2024-2025.

Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2023

Publicación do alumnado admitido (22 de febreiro) - Unha vez rematado o prazo para realizar a reserva de praza, TODO o alumnado do CEIP Plurilingüe A Fraga que presentou a solicitude de reserva de praza para cursar 1º da ESO no curso académico 2024-2025 no IES Plurilingüe Castro da Uz foi admitido e obtivo praza.

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES A 29 DE FEBREIRO DE 2024:

1º ESO: 7

2º ESO: 0

3º ESO: 0

4º ESO: 8

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

Para todo o alumnado que desexe cursar algún curso da ESO no vindeiro 2024-2025, agás o alumnado que xa está agora matriculado no centro e o alumnado do centro adscrito que xa fixo a reserva de praza (CEIP Plurilingüe A Fraga).

Prazo: do 1 ao 20 de marzo de 2024 (Máis información aquí)

Nota informativa

Criterio complementario de baremación aprobado polo Consello Escolar: Quen teña matriculado un irmán ou irmá  ou un familiar de 1º grao no momento de formalizar a solicitude de admisión no centro en calquera etapa educativa (CFs, FPB e/ou ESA), agás na ESO, terá unha puntución de 1 Pto. Esta puntuación será única independentemente do número de imáns/irmás ou familiares de 1º grao que vaian estar escolarizados no centro.

Prazo para presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: do 21 de marzo ao 5 de abril

Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2024 (Poden consultarse no taboleiro de anuncios)

Publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido: 15 de maio de 2024

 

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO:

Período de matrícula: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024

 

Distribuir contido


by Dr. Radut