Actividades 2023/2024

Científic@s en prácticas

O noso alumnado de 3 da ESO deu o seu primeiro paso no programa Científic@s en prácticas.

A primeira actividade consistiu nunha charla impartida por José Luís Garrido, un dos investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

Lecturas de Nadal na biblioteca

Pola nosa biblioteca Ramiro Fonte pasaron os grupos de 1 ESO e mais 2 ESO para participar nas lecturas abertas arredor do Nadal.

 

O alumnado de 1º e 2º da ESO vai patinar á pista de xeo de Samil

1 da ESO e mais 2 da ESO acudiron ata Samil para practicar patixane.

Risas, nervios, caídas e moito estilo desfilaron sobre a pista de xeo.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Pista de xeo (1 e 2 ESO)

Alexandra Alonso gaña o concurso de Ciencia Brillante

A alumna Alexandra Alonso Simón de 1º de Bacharelato gañou o concurso de deseño de luces de Nadal científicas organizado polo IIS Galicia Sur e o Ministerio de Ciencia e Innovación. 

O IES Castelao participa no programa Ciencia Brillante, xunto co departamento de Física e Química. O alumnado achegarase ata o Hospital Álvaro Cunqueiro para ir ata os laboratorios e facer experimentos. 

A súa proposta, titulada A Vacina, ten forma de lámpada-vacina e representa a preparación destinada a xerar inmunidade adquirida contra unha enfermidade. 

Avelino González visita o IES Castelao

Avelino González, actor e monologuista vigués, achegouse ao IES Castelao para ter un encontro informativo co alumnado de 2º de Bacharelato. 

Coa axuda da súa comicidade, presentou a realidade que se vive en Palestina, focalizando a súa intervención nun exercicio comparativo das vivencias cotiás das persoas máis novas de aquí e de acolá. 

 

Esta actividade, organizada polo Departamento de Lingua galega, pretende dar a coñecer outras culturas e o interese polos acontecementos que suceden no mundo. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Palestina: a loita pola supervivencia, con Avelino González

Obradoiro de loita olímpica no IES Castelao

O alumnado de 3 da ESO e 1 de Bacharelato recibiu esta semana un Obradoiro de loita olímpica.
Aprederon a complexa técnica deste deporte e puideron poñela en práctica.
As sesións foron imparidas por Pablo García García (deportista de elite, adestrador nacional de loita olímpica e fisioterapeuta) e Florencio

Álbum: Curso 2023/2024 -> Obradoiro de loita olímpica

Bernardo Atxaga visita o IES Castelao

O día 5 de decembro ficará gravado na historia do IES Castelao pola visita de Bernardo Atxaga.

O acto foi presentado polos nosos alumnos Héctor Barbosa e Sandra López coa colaboración do profesor Ramón Nicolás. Eles deron paso aos distintos momentos en que se dividiu o encontro.

A primeira parte consistiu nun recital de poemas tirados da obra de Atxaga, Exteriores do Paraíso, e dunha escolma da literatura galega. As sinerxias entre o euscaldún e os autores elixidos púxose de manifesto nas voces do noso alumnado, co acompañamento musical da man das nosas pianistas Antela Pedrido e Carmen Bastos.

Lecturas:

-“Escribo nunha lingua estraña” (Clara González) - “Letanía de Galicia”, de U. Novoneyra (Carmen Bastos, Jenni Rodríguez, Xan Carrera, Pablo López, David Giráldez, Hugo Alonso e Rodrigo Fernández Porteiro).

-“O grilo é un poeta monótono” (Julieta Núñez) - “Respice finem”, de Vázquez de Neira (Uxía Marinho).

-“O dicionario das pedras” (Lucía González) - “Longa noite de pedra” , de Celso Emilio Ferreiro (Bruno Alonso).


- “Sobre o paraíso con trombón” (Diana Labbad) - “Blues”, de M. Rivas (Alexandra Alonso).


- Egun finlandiar bat (Garikanorekin hizketan telefonoz) (lectura en éuscaro por Isaac Elcorrobarrutia) - “Un longo día finlandés” (tradución ao galego e lectura a cargo de Nicole Alonso, Marcos López e Sara González).
 


 

A seguir, Bernardo deleitonos coas súas anécdotas vitais e literarias, conseguindo ter prendados os asistentes.

Para a ocasión o Paraninfo Xela Arias foi adobiado con traballos do alumnado de Expresión Artística que se inspirou na obra de Bernardo Atxaga Exteriores do Paraíso. (Selene Abalde, Laura Castro Rivero, Sofía Gallego Alonso; Taxia da Cunha da Silva, Antía Álvarez Pillado, Breixo Merino Gómez; Carmen Martínez Noguerol).


Finalizamos o acto coa interpretación da canción popular “A miña burriña”, que tanto lle gustaba a Francisco Fernández del Riego. O noso cantareiro e pandereteiro Leo Noel foi, ademais, quen lle entregou un agasallo moi especial en nome de toda a comunidade educativa do IES.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Encontro literario con Bernardo Atxaga

Concurso de Microrrelatos de Inverno

Estamos no tempo de contar historias a carón do lume, tempo de neve, de aventuras, de soños, de peticións, de reunións, de esperanza. Mais tamén tempo de frío e de soidade.

Apetéceche contar una historia tenra ou unha non tan feliz?  

 

Idear un final inesperado ou o máis romántico que se poida imaxinar?

Unha historia branca, un relato de luz, unha narración de soidade, unha de reencontros, de soños cumpridos, de atrancos, de esperanza, de decepción, de felicidade, de vidas cruzadas…?

Anímate e participa no

Concurso de Microrrelatos de Inverno

da Biblioteca Ramiro Fonte.

A seguridade viaria, unha responsabilidade de todos e todas

 Desde o mes de setembro a policía local ven traballando con todos os grupos de ESO a importancia dos nosos estilos comunicativos e das nosas emocións nos desprazamentos activos cotiáns.

É moi importante dar respostas axeitadas e seguras as distintas situacións viarias, non só de conductores, se non tamén de peatóns, dos viaxeiros e viaxeiras, e de todos os usuarios e usuarias.

Todos e todas temos que contribuír á mobilidade segura e saudable.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Educación viaria

Encontro literario con Bernardo Atxaga

O vindeiro martes 5 de decembro contaremos coa visita de toda unha celebridade da literatura: Bernardo Atxaga.

   

Distribuir contido