Actividades 2022/2023

Actividades 2022/2023

Photocall contra as violencias de xénero

No IES Castelao estamos en contra da violencia contra as mulleres e así o queremos deixar gardado para a posteridade coas fotografías tiradas no noso Photocall reivindicativo.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Photocall 25N

Visita de Joshua Mateo

O pasado 23 de novembro dentro do ciclo de charlas sobre casos reais sobre violencia de xénero tivemos ocasión de falar con Joshua Alonso Mateo quen, con 25 anos, tivo que exercer de titor legal do seu irmán debido a o asasinato da súa nai a mans da súa exparella.

A súa vivencia pon de relevo que as vítimas neste tipo de violencias non son unicamente as mulleres.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita Joshua Mateo

O Equipo de Igualdade contra a violencia de xénero

Este mes a rapazada do Equipo de Igualdade estivo traballando en lemas para loitar contra a violencia machista.

Elixe un e tíralle unha foto!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> 25N bocadillos

Visita de Esther Buela Canteiro

Dentro dos actos conmemorativos do 25N hoxe visitou o noso instituto Esther Buela Canteiro coñecida en redes coma #galega_incorrecta. Defínise a si mesma coma divulgadora sobrevivinte das violencias machistas e veu contarnos a súa propia vivencia coma muller maltratada pola súa exparella e coma vítima da violencia doméstica exercida polo seu pai á súa nai durante a nenez. Ademais, a súa formación en Dereito proporciónalle unha visión das violencias exercidas no ámbito familiar que trascende ao ámbito lexislativo e xurídico.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita Esther Canteiro

Visita de Noelia Míguez

O martes 22 de novembro comezamos coas diferentes actividades en relación coa conmemoración do Día da non violencia contra a muller. Nesta ocasión visitou o instituto Noelia Míguez (@noedorinda) que viu contar a súa propia vivencia coma muller maltratada. Agradecemos moito que compartise o seu testemuño e se mostrase tan preto do noso alumnado.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita Noelia Míguez

Novembro, mes da Ciencia: "Descubre a táboa periódica"

          Este mes celébranse moitas actividades arredor da CIENCIA en todas as bibliotecas, como podedes ver no taboleiro informativo da biblioteca, por se vos cobiza asistir a algunha delas.

          Desde a biblioteca do noso instituto expoñemos no vestíbulo algúns libros relacionados coa temática así como o Manifesto desta edición: "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica", centrado na vacina da varíola no que tanta presenza tivo a nosa terra a través da expedición na que viaxou Isabel Zendal.

          Tamén aproveitamos para convocar un concurso que, hai xa tempo, organizara a nosa querida compañeira Isabel Acuña, que marchou o curso pasado, a quen recordamos e coa que seguimos aprendendo. 

          Animádevos a descubrir os elementos da táboa periódica agochados nos anagramas que se propoñen. Podedes gañar un vale de 25€  para libros ou material escolar.

          Ata o 25 de novembro!!

          Hai tempo!!

Club de Lectura "A pé de obra"

O 16 DE XANEIRO DE 2023, ÁS 19:O0 HORAS, CELEBRAREMOS a primeira sesión dO CLUB DE LECTURA COA VISITA De xesús fraga, CON QUEN MANTEREMOS UN DIÁLOGO SOBRE virtudes (E misterios), novela gañadora do premio nacional de narrativa, premio blanco amor de novela e PREMIO DA CRÍTICA GALICIA.

 

Nota: cO GRUPO XA EXISTENTE SEGUIREMOS EN CONTACTO POR CORREO ELECTRÓNICO E, SE desexades darvos de alta no club, enviade un correo electrónico  a  bibliotecaramirofonte@gmail.com

Visita á Salinae

O 25 de outubro e 4 de novembro o alumnado de segundo de ESO acudiu á Salinae, o centro arqueolóxico do areal: un legado romano único no mundo que disfrutamos na nosa cidade. Unha visita didáctica moi amena pola que valeu a pena a camiñata, a pesar da choiva...

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita á Salinae

Magosto e Samaín

O pasado 28 de novembro celebramos no instituto o Magosto e o Samaín.

A pesares da chuvia puidemos desfrutar das castañas e pasalo de medo no noso tradicional túnel do terror organizado un ano máis na biblioteca.

Coma podedes ver nas fotos foi unha mañá terrorífica...

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Samaín
Distribuir contido