No mes de febrero, o alumnado de 3º ESO A que pertence ao club de lectura comentou o conxunto de relatos Cousas de Castelao. Para coñecer mellor a vida e obra do autor que dá nome ao noso instituto realizamos unha saída ao Museo de Pontevedra. Alí, ademais doutras salas, visitamos as adicadas a Castelao, coñecendo a fondo a obra deste polifacético autor.
Os grupos de 3º da ESO que pertencen ao noso club de lectura, despois de leren e comentaren Cantares gallegos de Rosalía de Castro co motivo do Día adicado á autora, o 24 de febrero, fixeron unha saída a Padrón para coñecer in situ a casa donde pasou os seus últimos anos. No seguinte álbum podedes ver algunas fotos desa actividade
Ao longo do segundo trimestre os lectores do club de Manga realizaron debuxos de personaxes ou obxectos relacionados cos mangas lidos. Algúns sobre Toradora ou El pupitre de al lado (P.A.R. de 2º ESO A) aparecen na sección Que che pareceu? do noso club de lectura e outros, dos mangas Monster collection (Ainara Saínza 1º ESO B), Lovely complex (P.A.R). ou El ataque a los titanes (Lynette Álvarez de 1º ESO B) reproducímolos neste álbum. Esperamos que vos gusten.
O pasado 30 de abril o alumnado de 2º de bacharelato asistiu á conferencia impartida polo Presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, sobre a súa obra Unha ducia de galegos.
A charla foi de moito interese para este alumnado, pois na obra, reeditada no 2017, Freixanes entrevista a doce persoeiros do galeguismo e da literatura que son obxecto de estudo por parte dos nosos alumnos no programa de 2º Bac. Segundo as palabras do conferenciante, o seu obxectivo era unir sobre o papel a xeración que aínda conservaba a memoria do século XIX, personificada na figura de Ramón Otero Pedrayo, coas vivencias máis inmediatas dos mozos do 68, daquela Carlos Casares ou Xosé Luís Méndez Ferrín.
O 6 de abril Ledicia Costas veu ao noso centro a falar cos alumnos de 3º da ESO da súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, novela que recibiu o Premio Lazarillo á Creación Literaria no ano 2015.
Ledicia contounos que a orixe da novela partiu do seu interese por Jules Verne e a súa chegada a Vigo, así como polo “submarino” de Sanjujo Badía, temas que se reflicten na novela. Falounos tamén de todo o traballo de documentación que fixo para escribir a obra e de como o mesturou coa fantasía das mulleres planta.
Podes ver as imaxes da charla picando na imaxe.
Un fatiño de rapaces do Club, de 1º da ESO, estiveron a preparar unha lectura colectiva de dous dos contos aos que Roald Dahl lles dá unha volta na súa colección titulada, en castelán, "Cuentos en verso para niños perversos".
Despois de ensaiar durante unha chea de recreos ata encaixar ben os personaxes e non cometer erros, fixeron a lectura pública dentro das sesións que se levaron a cabo na semana do 24 ao 28 de abril no salón de actos do instituto para celebrar o Día do Libro deste ano 2017.