Gañadores das competicións deportivas 2023/2024

Remata o curso e con el a competición deportiva. Estes foron os equipos gañadores das distintas categorías:

Liga de 1º e 2º ESO: 1º ESO C
Liga de 3º e 4º ESO: 4º ESO A-D

Parabéns e a festexar esas merecidas medallas!

Fase final de Científic@s en prácticas

A semana de Alicia e mais Iago nos laboratorios do Instituto de Investigacións Mariñas deu para moito. Eles foron os gañadores da bolsa do programa Científic@s en práctica e grazas a isto puideron coñecer de primeira man como se traballa nun laboratorio con científicos de verdade.

Entre as actividades que realizaron están: microscopía, cromatografía, extractos de follas vermellas e verdes de Photinia sp. e análise por HPLC., ademais de filtrados de auga da Ría de Muros.

Parabéns, rapaces! Agardamos que desfrutarades da experiencia!

Entrevistas a autores da literatura universal

O alumnado de Literatura Universal tamén se uniu ao proxecto Radiolao. Dende a materia, gravaron podcasts nos que entrevistan a autores e autoras do Romanticismo, Realismo e Naturalismo.

En breve na web da radio.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Gravación podcasts literatura universal

IX Xincana na Biblioteca Ramiro Fonte

Nesta derradeira semana de curso escolar, na Biblioteca Ramiro Fonte do IES Castelao celebrouse unha emocionante xincana.

O alumnado de 1º da ESO acudiu á cita por clases. Tras un sorteo establecéronse grupos para disputar as probas. Busca en dicionarios, enigmas, atopar libros dalgún autor en concreto, recitar poemas… actividades moi diversas para demostrar o moito que coñeceron os fondos da biblio durante este primeiro curso. O xoves disputouse a finalísima entre os gañadores.

Álbum: Curso 2023/2024 -> IX Xincana Biblioteca Ramiro Fonte

Listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025

Podes consultar no adxunto a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025

El cuerpo humano - o primeiro programa radiofónico do alumnado da ESA

O alumnado da ESA elaborou uns pódcasts para explicar as diferentes partes do corpo humano. Eles estrean a nosa canle RADIOLAO con pequenas pílulas divulgativas sobre anatomía humana. 

Podedes escoitalas facendo click na ligazón. EL CUERPO HUMANO

Álbum: Curso 2023/2024 -> Gravación do pódcast El cuerpo humano - alumnado da ESA

Encontro literario con Paula Carballeira

O 10 de xuño de 2024 foi un día ben especial no IES Castelao. Paula Carballeira visitou o noso centro. E aínda que non era a primeira vez, de seguro, que desta volta non foi coma as anteriores. 

Pola mañá atendeu o alumnado de 1º de Bacharelato e mais do Club de lectura A pé de obra, que leu a súa obra As alumnas, último Premio Nacional de Teatro. Confesoulles como construíu a obra tras unha encomenda da compañía de teatro onde traballa. Nótase que é unha das mellores contacontos galegas, pois mantivo a súa atención en todo momento. Afondou na historia real que agocha a trama e no importante que é para ela representar este texto. Ao finalizar a sesión, un grupo de alumnas entrevistaron a Paula para a revista do IES, que moi pronto poderedes ler. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Encontro con Paula Carballeira

Visita de Laura Bugalho

Laura Bugalho visitounos o 7 de xuño, como complemento ás actividades de xuño, mes para celebrar a diversidade LGTBIQ+. Para iso, Laura, activista social, veu falar do seu documental Asuntos internos. Acompañada da nosa profesora Carme Nogueira e da deseñadora de arte gráfica Uqui Permui construíron un interesante coloquio onde afondaron en temas como o feminismo, a identidade, a transfobia, a aceptación... 

O alumnado de 1º de bacharelato ficou sorprendido con este relato tan persoal do que seguro tiraron proveito. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita de Laura Bugalho

Científico en prácticas. Comeza a fase no laboratorio

Os nosos alumnos Alicia de 3°C e Iago de 3°B xa están preparados para comezar mañá luns a estancia en prácticas que realizarán no grupo de fotobioloxía e toxinoloxía do IIM
Estamos seguros de que o pasarán en grande e será un haexperiencia do máis enriquecedora!

Distribuir contido