Visita do poeta Moncho Iglesias

O poeta, e tamén exprofesor do Castelao, Moncho Iglesias deleitounos cun recital de poesía. Asemade, fixo un percorrido pola súa experiencia vital, falándonos sobre os diferentes países onde viviu.
Fixo especial fincapé en Palestina, zona de forte inspiracións para a súa obra.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita do poeta Moncho Iglesias

18 de decembro, día internacional das persoas migrantes.

 

Coincidindo coas celebracións de Nadal, ás portas xa das vacacións, concursos, presas, e carreiras polos corredores, non nos esquecemos de celebrar 

18 de decembro

día internacional das persoas migrantes.

 Verónica García (técnica de transformación social), e Momadou Diagne (técnico referente de migracións e diversidade) de Médicos do Mundo, con motivo da celebración deste día, e dentro do programa que se está a desenvolver no IES Un mundo en movemento”, agasállanos cun concerto de Tato López e Rafael Briceño da Casa da Trova-Espazo de Arte.  

Todos e todas somos axentes impulsores e importantes para o desenvolvemento, a prosperidade e o progreso. 

            

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> 18 de decembro, día internacional das persoas migrantes.

Obradoiros de habilidades sociais

 As alumnas e alumnos de 1º ESO participaron ao longo do primeiro trimestre nos obradoiros impartidos pola fundación Amaina para mellorar as súas competencias sociais e interpersoais.

Mellorar as estratexias de comunicación interpersoais, o respecto, a empatía, a escoita activa,  e a resolución de conflitos de xeito asertivo son claves para unha convivencia positiva.  

Álbum: Curso 2023/2024 -> Habilidades sociais

Exposición Sen Cancelas

Dende finais de decembro temos no noso centro a exposición Sen Cancelas, cedida polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación.

Esta é unha das iniciativas encamiñadas a dar a coñecer entre a mocidade a loita de Galicia contra as diferentes discriminacións que seguen a existir na sociedade.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición Sen Cancelas

Visita á exposición Vigo no tempo

O alumnado de 4º da ESO visitou a exposición Vigo no tempo. Os participantes puideron descubrir a evolución da súa cidade e segredos descoñecidos. 

VIGO NO TEMPO é a quinta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo e A Coruña, a proposta continúa o seu percorrido en Vigo co obxectivo de reinvindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visita exposición Vigo no tempo

Obradoiro de iudo e defensa persoal

O alumnado de 4 da ESO recibiu esta semana un obradoiro de iudo e defensa persoal.

A encargada de impartilo foi Carla Garabatos, adestradora nacional de iudo e seleccionadora galega, e antiga alumna do Centro. Acompañouna Carlos Garabatos, coordinador das escolas federativas de ocio de Pontevedra e seleccionador técnico da selección galega de iudo.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Obradoiro de iudo e defensa persoal

Nadal 2023 no IES Castelao

O Nadal do 2023 foi ben entretido. Na derradeira semana lectiva do ano tivemos actividades de todo tipo. 

 

O alumnado de 4 da ESO de Música e mais o de 1 de BACH de Linguaxe e práctica musical están a amenizar estas últimas xornadas de final de trimestre:

- As compeñeiras e compañeiros doutros cursos asistiron ao tradicional Concerto de Nadal que corre a cargo da nosa profesora Josefa.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Nadal no Castelao

Éxito do concurso de decoración das portas de Nadal

O concurso de decoración das portas de Nadal foi todo un éxito! O noso alumnado, xunto cos seus titores e titoras involucráronse moito para intentar acadar o premio. 

Aínda que só houbo dous gañadores, na realidade todos tiveron premio. Parabéns!

 

- Gañadores na categoría ESO: 4º ESO A

- Gañadores na categoría BACH: 2º BACH A

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concurso decoración portas de Nadal

Gañadoras do concurso microrrelatos de inverno

O xurado reuniuse para resolver o ditame do Concurso de microrrelatos de inverno da Biblioteca Ramiro Fonte.

 

Gañadores do concurso Científico do IES Castelao

Xa temos gañadores do Concurso Experimentos Científicos do IES Castelao


Grazas a todo o alumnado que participou!

Distribuir contido