Segundo Trimestre

Sesión do Club da Igualdade

Este próximo luns día 27, ás 15.30 horas, temos sesión do Club da Igualdade. E esta é das que non se poden perder. Van estar con nós educadores, rapazas e rapaces da Fundación IgualArte. E que é IgualArte? Pois un espazo creativo marabilloso para persoas con diversidade funcional.

Celebramos o Día de Rosalía 2023

Este próximo xoves 23 de febreiro o IES Auga da Laxe celebrará o Día de Rosalía 2023 cun acto que se desenvolverá de 11:30h a 12:00h, aproximadamente, na Praza Rosalía de Castro e que conta coa colaboración do Concello de Gondomar.

Entroido 2023

O venres 17 de febreiro temos no instituto a festa de Entroido, de acordo co seguinte horario:
 

Non á violencia machista

Desde a comunidade educativa do IES Auga da Laxe queremos manifestar a nosa repulsa e a nosa firme condena polo asasinato machista de Beatriz Lijó Gesteira, exalumna do noso centro.

Admisión de alumnado para o curso 2023- 2024

Está aberto o proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024, cos seguintes prazos:

- Ata o 6 de febreiro, reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP Chano Piñeiro para 1ºESO e IES Terra de Turonio para 1ºBach). As solicitudes poden presentarse de xeito telemático ou presencialmente nos centros de orixe.

Concerto pro-viaxe de 4ºESO a Madrid

O venres 3 de febreiro ás 20:00h celebrarase no instituto un concerto aberto ao público co obxectivo de recadar fondos de axuda para financiar a viaxe de fin de etapa do alumnado de 4ºESO a Madrid. No concerto actuarán o grupo de música de 4ºESO e tamén Los Afrancesados, un dos grupos residentes dos obradoiros de música que funcionan no instituto baixo a coordinación do profesor Sergio Álvarez.

Distribuir contido