Educación Física

Comezou o torneo de street basket

Este luns 9 de decembro comezou no patio central do instituto o torneo de street basket que organiza nos recreos o departamento de Educación Física. A final celebrarase o xoves 19 e un día antes, o mércores 18, a nosa improvisada cancha de baloncesto acollerá tamén un concurso de tiros triplos.

Street Basket

Torneo de Street Basket e concurso de triplas do 9 ao 19 de decembro.

Reanimación cardiopulmonar

Hoxe, luns 6 de maio, Cristina Giráldez, enfermeira de Urxencias no PAC do Porriño, aprendeunos os principios básicos da reanimación cardiopulmonar (RCP) e da manobra de Heimlich.

Xornada de atletismo de 1º de ESO

Xornada conxunta co IES Terras de Turonio de atletismo de 1º de ESO nas instalacións da Universidade de Vigo.

Fútbol gaélico

Hoxe o alumnado de 4º de ESO tivo unha práctica de fútbol gaélico con xogadoras e xogadores do Turonia de Gondomar. Puideron coñecer as regras básicas do deporte e fixeron exercicios para achegarse a este deporte que mestura fútbol, rugbi e voleibol. Unha experiencia moi interesante. Ao remate, celebrouse un concurso de “tiro entre paos” no que resultaron gañadores Lucía Domínguez e Hugo Barros, que recibiron como agasallo unha camiseta do club.

Vladimir Stuzhinskiy, o mércores tres de abril

Vladimir Stuzhinskiy, gañador do concurso de Break Dance do Marisquiño 2018 estará este mércores con nós! 
A 3ª hora terá unha Masterclass con 12 alumnas e alumnos e no recreo realizarán unha exhi

Distribuir contido