Vladimir Stuzhinskiy, o mércores tres de abril

Vladimir Stuzhinskiy, gañador do concurso de Break Dance do Marisquiño 2018 estará este mércores con nós! 
A 3ª hora terá unha Masterclass con 12 alumnas e alumnos e no recreo realizarán unha exhibición-combate de Break Dance no patio interior do instituto. Non volo podedes perder!
Deixámosvos aquí este vídeo da súa actuación nun dos asaltos de semifinais do Concurso. Alucinante!
Ademais, María Rodríguez Cedeira, de 3º de ESO, amosará a peza coa que se clasificou para a segunda fase do Nacional de Danza en Tarragona na modalidade de Fusión individual.