Información

Luns 20 de maio: non lectivo pero hábil para matrícula ABAU

O próximo luns 20 de maio non é lectivo no noso instituto, xa que foi un dos dous días aprobados polo Consello Escolar como non lectivos propios do centro. Polo tanto, ese día non haberá clase. Con todo, a secretaría do centro permanecerá aberta de 9:30h a 14:00h para que o alumnado de 2º de Bacharelato poida realizar os trámites da matrícula para a ABAU.

Información sobre o final de curso en 2ºBach

- Comunicación das cualificacións da convocatoria ordinaria: publicación en abalar o 15 de maio a partir das 20:00h e entrega de boletíns o 16 de maio ás 10:20h. 

- Matrícula na ABAU (convocatoria ordinaria): 16 e 20 de maio (aínda que o luns 20 é día non lectivo no noso centro, a secretaría estará aberta de 9:30 a 14:00 para a realizacion deste trámite). 

- Solicitude de revisión das cualificacións ante a dirección do centro: 20 e 21 de maio. 

- Solicitude de reclamación ante a Xefatura territorial (se persistise o desacordo): 23 e 24 de maio. 

Plan de formación para a mellora da convivencia

Esta semana celebrouse a primeira sesión dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se vai desenvolver este ano no instituto co obxectivo de reflexionar e poñer en práctica estratexias que melloren a convivencia no centro e contribúan a avanzar na resolución pacífica de conflitos, un traballo que se reflectirá no Plan de Benestar Emocional e Convivencia do centro. O curso, no que participan catorce profesores e profesoras, desenvolverase entre os meses de decembro de 2023 e abril de 2024. 

Primeiros pasos a seguir para poder publicar na web do Centro

Aquí tedes unha pequena guía de oito pasos para publicar contidos na web do Centro. 

Distribuir contido