Curso 2018-2019

Calendario escolar 2018/2019

Claves para un bo uso das redes sociais


O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa:
- Claves para un bo uso das redes sociais no IES A Guía, o día 13 de decembro de 2018

"Palabras por ti, mujer"

No recreo do xoves 29 de novembro o patio central do instituto acolleu a acción poética de novembro, titulada "Palabras por ti, mujer", que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura e que consistiu nunha performance poético teatral coa que se quería convidar a reflexionar, desde as palabras, sobre a violencia machista.

III Ciclo de concertos IES Auga da Laxe

O profesor Sergio Álvarez xa ultimou o programa do III Ciclo de concertos IES Auga da Laxe a celebrar en 2019. Non os perdas, é un programón. O primeiro será un dos últimos concertos de 'Es Un Árbol" non seu Pause Tour.

Dinamización poética de novembro

O próximo xoves 29 de novembro terá lugar durante o recreo a segunda actividade de dinamización poética que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura no patio interior do instituto co obxectivo de achegar a poesía ao alumnado. Nesta ocasión será unha performance poético-teatral sobre o machismo, na que van participar dez alumnos e alumnas de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.

Charla sobre orientación educativa e transporte

A proposta do sindicato de estudantes Erguer, o departamento de Orientación organizou unha charla dirixida a 4º de ESO e 1º de Bacharelato sobre orientación educativa e problemas de transporte para a mocidade.
Distribuir contido