"Palabras por ti, mujer"

No recreo do xoves 29 de novembro o patio central do instituto acolleu a acción poética de novembro, titulada "Palabras por ti, mujer", que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura e que consistiu nunha performance poético teatral coa que se quería convidar a reflexionar, desde as palabras, sobre a violencia machista. Moitas grazas ao alumnado que se implicou e colaborou na proposta: Andrea Blanco, Ana Fernández e Laura González, de 4ºESO; Rebeca Costas de 1ºBacharelato; Eva Pérez Sanromán, Aaron Domínguez, Andrea Celada, Roi Salgueiro, Álvaro Vidal e Paula Faraldo, de 2º Bacharelato.