Matrícula curso 2023/24

O período de matrícula abrangue desde o 21 de xuño ao 7 de xullo.

BACHARELATO

Do 21 ao 30 de xuño terá preferencia o alumnado que desexe facer a matrícula en Bacharelato ou en 4º da ESO. O alumnado de bacharelato ten, nesta ligazón, os impresos para a matrícula. Tamén teñen, nesta outra, a solicitude de transporte.

ESO

Do 3 ao 7 de xullo, terá preferencia o alumnado que desexe facer a matrícula en 1º, 2º ou 3º da ESO. O alumnado de ESO ten, nesta ligazón, os impresos para a matrícula. Tamén teñen, nesta outra ligazón, a solicitude de transporte se desexan utilizar o do IES Terra de Turonio

Datas de referencia do final do curso 2022-2023

Mércores 21 de xuño:

 

- Último día de clase na ESO (haberá clase no horario habitual).

Calendario e horario dos exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato

Velaquí queda o calendario e horario dos exames correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2022-2023.
As probas celebraranse os días luns 19, martes 20 e mércores 21 de xuño. 

Calendario e horario dos exames da convocatoria extraordinaria do curso 2022-2023

Enquisas prematrícula para o curso 2023-2024

Nestes días vanse facer unhas enquisas de prematrícula para coñecer as preferencias do alumnado de cara ao próximo curso 2023-2024 canto ás materias que desexan cursar. O alumnado da ESO cubrirá estas enquisas no centroo alumnado de 1º Bach.

Calendario e horario de exames finais de pendentes de ESO

Velaquí queda o calendario e horario de exames finais de materias pendentes de ESO. Cómpre premer no seguinte enlace:

Calendario e horario de exames finais de materias pendentes de ESO.

Convocatoria de axudas a alumnado NEAE para o curso 2023-2024

Abriuse a convocatoria de axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o vindeiro curso escolar 2023-2024. As solicitudes poderán realizarse desde o 8 de maio ata o 20 de setembro na seguinte dirección:

Distribuir contido