LISTAXE DE ADMISIÓN DEFINITIVA

Xa están publicadas, nos taboleiros do centro, as listaxes DEFINITIVAS de alumnado admitido para o vindeiro curso académico 2023/2024. Dado que ningunha solicitude foi excluída, non hai listaxes de solicitudes excluídas.

Celebramos o Día do Libro

Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, imos ter estes días unha serie de actividades promovidas desde a Biblioteca e o EDLG. Desde o xoves 20 e ata o mércores 26 o patio central do instituto acollerá nos recreos lecturas de fragmentos de libros en diferentes linguas a cargo de alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 1ºBach.

Semana cultural do 27 ao 31 de marzo

Do 27 ao 31 de marzo imos celebrar no instituto unha Semana cultural con actividades de distinto tipo para todos os grupos en horario lectivo. Tamén se inclúe unha proposta aberta a toda a comunidade educativa fóra do horario lectivo: será o mércores 29 ás 20:00h no salón de actos do instituto, onde poderemos asistir á representación da obra "A parábola do angazo" a cargo de Talía Teatro.

Intercambio con Alemaña

A semana pasada estiveron en Gondomar vinte e dous alumnos e alumnas e dúas profesoras procedentes de Nagold (Alemaña), dentro dun intercambio con alumnado de 1º de Bacharelato do noso instituto. Ademais de convivir coas familias do alumnado de Gondomar, participaron nun programa de actividades moi diverso.

Bolsas Ministerio de Educación e FP 2023/2024

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas e axudas para o curso 2023/2024, destinadas aos estudantes interesados en estudos postobrigatorios (Bacharelato, Ciclos Formativos, F. P. Básica, Universidade, etc...).

O prazo está aberto desde o 27 de marzo ao 17 de maio do 2023.

As persoas que desexen solicitar a bolsa teñen que facelo neste período, aínda que non saiban con seguridade que estudos van realizar.

Poden solicitarse aínda que non saiban que estudos van realizar. Na seguinte ligazón tedes toda a información así como o acceso ás solicitudes. 

 

 

Sesión do Club da Igualdade

Este próximo luns día 27, ás 15.30 horas, temos sesión do Club da Igualdade. E esta é das que non se poden perder. Van estar con nós educadores, rapazas e rapaces da Fundación IgualArte. E que é IgualArte? Pois un espazo creativo marabilloso para persoas con diversidade funcional.

Distribuir contido