Taboleiro

Distribución de máscaras entre o alumnado ESO

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica por medio da Orde do 28 de outubro de 2021 os criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado.

FONDO SOCIAL EUROPEO - Programa REFÓRZA-T (ARCO e PROA+)

Durante o presente curso 2021/2022 levaranse a cabo os programas ARCO e PROA+, modalidades enmarcadas dentro dos CONTRATOS - PROGRAMA RECUPÉRA-T, no marco do Plan Recupera.

O programa ARCO está dirixido a reforzar o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO durante o primeiro trimestre, mentres que o programa PROA+ vai dirixido a reforzar o alumnado de 4º ESO durante todo o curso.

O fin de ambos plans é o de lograr o éxito educativo a través do reforzo, apoio e acompañamento na aprendizaxe.

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR

Adxúntase información sobre as elección ó Consello Escolar.

O sorteo público onde se elixirán os membros que formarán parte na xunta electoral realizarase no centro o día 29 DE OUTUBRO, en horario de 10:15 a 10.35.

PROTOCOLO COVID E PLAN DE CONTINXENCIA

Nos seguintes documentos poderase consultar o Plan de adaptación á situación COVID 19 no curso 2021/2022, actualizado o 20/09/2021; así como o Plan de Continxencia, actualizado o 09/09/2021.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS IES AS BIZOCAS 2021/2022

Calendario Escolar 2021/2022

No arquivo adxunto poden atopar o calendario escolar para o curso 2021/2022

TRÍPTICO INFORMATIVO - INICIO DE CURSO

No seguinte tríptico, que se comentará co alumnado o primeiro día de clase, recóllese información relativa á organización do centro debido á COVID-19, xunto

INICIO DE CURSO 2021/2022

O vindeiro mércores 15 de setembro dará comezo o novo curso escolar.

- O horario será o ordinario, é decir, de 8:35 a 14:10

- O alumnado que utilice o transporte escolar terá que estar nas paradas ás 8:00

- Cando cheguen ó centro, o alumnado esperará no patio, na zona habilitada, respectando as distancias de seguridade.

- Chamaráselles por grupo, para que suban acompañados do titor ou titora.

- Unha vez na aula, daráselles o seu horario, entregaránselle os libros de préstamo e darase a información necesaria.

 

LEMBRAMOS que é obrigatorio o uso de máscara en todo o recinto escolar, así como manter a distancia social e a hixiene de mans cando sexa necesario.

 

Listaxe DEFINITIVA Fondolibros-Axudas material 2021/2022

 

Fanse públicas as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario para estudar no IES As Bizocas o curso 2021/2022.

 

Estes libros serán entregados ao alumnado durante o primeiro día de clase. A listaxe poderá consultarse tanto no propio centro como a través da aplicación FONDOLIBROS, accedendo, de ser o caso, a través do menú "Cidadáns".

 

En canto á concesión/denegación de VALES PARA MATERIAL ESCOLAR:

 

Confírmase a Listaxe provisional publicada o 9 de xullo, polo que os alumnos/as para os que se indicaba "asignaranse como mínimo 6 libros" tamén son beneficiarios do vale para mercar material escolar, resultando excluídos os demais. Os vales ENTREGARÁNSELLE ao alumnado beneficiario durante os primeiros días de clase, a canda o lote de libros de préstamo que lle corresponda a cadaquén.

 

Distribuir contido