Taboleiro
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022
Enviado por admin o Xov, 10/27/2022 - 10:51
Achégase un documento con información sobre as eleccións ao Consello Escolar.
O 28 de outubro realizarase no instituto o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral, órgano encargado da organización e supervisión deste proceso electoral.
INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO 2022/2023
As clases comenzarán o próximo xoves 8 de setembro ás 08:35h e ata as 14:10h.
Haberá servizo ordinario de transporte escolar. Neste primeiro día o alumnado deberá coller o autobús que pare na súa parada.
Lembrade que no transporte escolar segue sendo obrigatorio o uso da máscara.
LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS/EXCLUIDAS DO PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023
Hoxe 13 de xullo, publícanse as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-axudas material 2022-2023, convocado pola Consellería de Educación, para estudar no IES As Bizocas durante o curso 2022/2023. Na listaxe definitiva indícanse os libros que se prestarán a cada alumno/a. Poden consultala no taboleiro do noso centro ou por vía electrónica a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.
Os libros ENTREGARÁNSELLE ao alumnado durante os primeiros días de clase, xunto cos vales para mercar material escolar. Estes vales entregransea aquel alumnado que cumpla os requisitos para elo.
Saúdos,
A Dirección
Celebramos o día do consumidor( responsable)
Enviado por admin o Mér, 06/29/2022 - 16:20Premendo neste enlace accédese ao artigo que publicou a web O Globo, vinculada á organización Solidaridade Internacional, organización que nos asesorou e que colaborou nas actividades que levamos a cabo no centro para celebrar o Día Mundial do Consumidor. Estas actividades formaron parte do proxecto de innovación edusostible+edusaúde que desenvolveu o centro no curso 2021-2022.
https://globo.solidaridadgalicia.org/sonda/47/celebramos-o-dia-do-consum...
DATAS MATRÍCULA CURSO 2022/2023
A matrícula para o curso 2022/2023 levarase a cabo nos seguintes días:
- 28 de xuño: 4ºESO
- 29 de xuño: 3ºESO
- 30 de xuño: 2ºESO
- 1 de xullo: 1ºESO
O 27 de xuño, xunto coas notas, ao alumnado entregaráselle o sobre de matrícula.
Para o alumnado procedente doutros centros, que se incorpora a 1ºESO, entregaráselle o sobre na reunión do 20 de xuño, ás 18:00. De non ser posible acudir a dita reunión, poderán pasar polo centro noutro momento a recollelo.
Axudas MUNICIPAIS para libros de texto
Enviado por admin o Mar, 05/31/2022 - 09:46
Trasladámoslles información da Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove, que informa de que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do
mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro
curso 2022-2023, dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza SecundariaObrigatoria.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »