Taboleiro

Dende As Bizocas desexámosvos un feliz día do Libro

O profesorado de IES As Bizocas colaborou na elaboración deste video realizado por BIBLIOBIZOCAS

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

O venres 3 abril a partir das 12 da mañá estarán accesibles as notas da 2ª avaliación a través de abalarMóbil. Se algún dos responsables do alumnado non dispón deste servicio, terá que poñerse en contacto co titor ou titora correspondente a través do seu correo electrónico (visible nesta mesma páxina).

CONTACTO COS TITORES E TITORAS

Aquelas familias que se queiran poñer en contactos cos titores e titoras de cada curso, pódeno facer a través dos seguintes correos electrónicos:

AVISO DO CONCELLO PARA AS FAMILIAS SEN EQUIPOS NA CASA (ORDENADOR, TABLET,...)

Co fin de facilitar, na medida do posible, o seguimento das clases dende a casa, se algún alumno ou alumna non dispón de equipo para facer as tarefas (ordenador, tablet,...) póñase en contacto co concello a través da concelleira de educación, e trataremos de darlle solución mentres dure o confinamento.

Pili Galiñares 607 54 02 71

AMPLIACIÓN DO PRAZO NO PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

NOTA INFORMATIVA PARA O SEGUIMENTO DA ACTIVIDADE EDUCATIVA

Infórmase ó alumnado que neste periodo sen clases presenciais atoparán tarefas de cada materia no apartado de Departamentos didácticos desta páxina e nas Aulas vituais (accedendo a elas como convidado, sen necesidade de usuario e contrasinal). Asemade recordamos que o alumnado xa recibiu instrucións por parte do profesorado para as actividades e o seu seguimento.

IMPORTANTE:

Campamentos Depo Aventura A Lanzada

 

A Deputación de Pontevedra convoca 2.200 prazas para o campamento Depo Aventura que se realizará no Centro Vacacional A Lanzada.

Poden participar os rapaces e rapazas nados entre o 2007 e o 2012.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de marzo.

Toda a información desta convocatoria na web https://www.depo.gal/depo-aventura (e na OMIX, teléfono 986 730 609).

 

 

 

Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe 2020

 

Xa está aberto o prazo de solicitude para “Os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe” para o ano 2020 organizados pola Deputación de Pontevedra.

Calendario Escolar 2019/2020

No arquivo adxunto poden atopar o calendario escolar para o curso 2019/2020

Distribuir contido