Titorías
INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO 2023-2024
Enviado por admin o Xov, 09/07/2023 - 13:25
As clases no IES As Bizocas comezarán o luns 11 de setembro no horario habitual (de 08:35h a 15:00h). Haberá servizo ordinario de transporte escolar.
O profesorado titor entregaralle tanto os libros de texto de préstamo coma os vales para a adquisición de material escolar ao alumnado do seu grupo que resultou beneficiario das axudas.