Nais/Pais

Información a Nais e Pais e documentos de interese

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN

A Comisión de Coordinación Pedagóxica acorda o 29 de xuño de 2021 o seguinte:

Mantéñense os criterios de promoción e titulación presentes nas instrucións da Consellería do 30 de xullo de 2020, é dicir, o alumnado promocionará e titulará con ata dúas materias suspensas, que non sexan Matemáticas e Lingua Galega ou Matemáticas e Lingua Castelá, e sempre e cando teña acadadas todas as competencias e obxectivos de etapa.

Excepcionalmente, a Xunta de Avaliación poderá adoptar a decisión de promoción con tres materias suspensas.

CONTACTO CO PROFESORADO 2021/2022

Neste curso 2021/2022, por norma xeral, as titorías co profesorado seguirán a non ser, por norma xeral, presenciais, polo que poñemos á disposición das familias o horario de atención ás familias dos titores e titoras e demais profesorado para que poidan concertar citas telefónicas e facer un seguimento do alumnado.

Recomendamos contactar en primeiro lugar cos titores e titoras, quenes serán os responsables de recopilar información co equipo docente do alumnado en cuestión.

OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN PARA SECUNDARIA – XULLO/AGOSTO

A concellaría de Educación do concello de O Grove ten previsto realizar uns obradoiros de Recuperación dirixidos a alumnado de ESO. A actividade desenvolverase durante as mañás, de Luns a Venres, nos meses de xullo e agosto de 2021, en horario de 9:00 a 13:00h no Centro da Terceira Idade e co alumnado organizado en grupos segundo os criterios que mellor funcionen considerando as características particulares de cada un.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

AVISOS FINAL DE CURSO

 

Estimadas familias:

1-O martes 22 levarase a cabo a devolución de TODOS OS LIBROS de préstamo, o alumnado terá que traelos e entregalos a primeira hora.Logo, o venres o alumnado que teña materias pendentes para setembro poderá recoller aqueles libros que precisen.

 

AVISO - OBRAS BEIRAMAR - CAMBIO NAS PARADAS

A partir do próximo luns, vaise cortar a rúa Beiramar por mor das obras, durante uns 15 días. O que supón que se teñen que modificar as paradas de autobús, de xeito que a parada do Corgo pasa á acera de enfrente, a parada de Confín pasa á rúa Castelao (altura Hotel Amandi), e a parada de Beiramar, xunto policía local, pasa á rúa Castelao (altura discoteca Vogue).

Calquera dúbida póñanse en contacto coa policía local.

TITORIAIS E AXUDA PARA O SEGUIMENTO DAS CLASES NON PRESENCIAIS

 Para que o alumnado e as familias poidan ter unhas nocións básicas de como usar a plataforma de videoconferencias e o manexo da aula virtual, deixamos uns enlaces e documentos que poidan ser de axuda.

- CISCO WEBEX MEETINGS (videoconferencia): https://www.youtube.com/watch?v=9ymjrfGPNMg&feature=youtu.be

PERIODO DE RECLAMACIÓNS

O periodo de reclamacións será os días 26 e 29 de xuño. O alumnado deberase poñer en contacto mediante correo electrónico co profesorado en cuestión para concertar unha cita. No caso de non poder contactar co profesorado, deberá chamar ó instituto, no teléfono 886 15 14 20.

INFORMACIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DE 1ºESO. CURSO 2020/2021

Debido á situación na que nos atopamos, este ano non se levará a cabo a Xornada de Acollida para o novo alumnado.

No adxunto poderedes consultar parte da información que se facilitaría nesta xornada.

 

Distribuir contido