Taboleiro

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros/axudas material

 

Publícase no taboleiro do instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do fondo solidario de libros de texto/axudas material, especificando os libros concretos que se prestan. Os libros, así coma o vale para adquirir material escolar, repartiranse ao alumnado beneficiario en setembro, o primeiro día de clase.

As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

 

 

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros

Hoxe, 11 de xullo, publícase no taboleiro do instituto a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas do fondo solidario de libros de texto. Prazo de reclamacións: 2 días.

As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas, especificando os libros concretos que se lle prestan ao alumnado beneficiario, está previsto que se publique o 14 de xullo.

 

 

PRAZO DE SUBSANACIÓN DAS SOLICITUDES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – AXUDAS MATERIAL ESCOLAR:

 

Publícase, no taboleiro interior do instituto, a relación de solicitudes con deficiencias detectadas para que as persoas interesadas poidan emendalas e/ou presentar a documentación preceptiva para a tramitación do Fondo Libros/Axudas material para o curso 2023/2024.

Esta listaxe poderá consultarse presencialmente no instituto entre as 09:00h e as 14:00 horas. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FondoLibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

 

 

 

Calendario de exames

Publícase o calendario de exames.

Fondo solidario de libros de texto / axudas para adquirir material escolar, curso 2023/2024

 

No DOG do 19/05/2023 publicouse a ORDE do 10 de maio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que regula, para o curso 2023/24:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (en 1º e 3º ESO manteranse os libros de texto do curso 2022/23, para 2º e 4º ESO o centro adquirirá novos libros para repartir en préstamo entre o alumnado beneficiario).

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

 

O prazo de solicitudes vai do 20 de maio ata o 21 de xuño, incluído.

 

Teñen toda a información nos dous arquivos que se achegan e mais en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

DIPLOMA DE EXCELENCIA PARA O PROXECTO METEOESCOLAS

O proxecto MeteoEscolas, liderado polo profesor Pedro Costas, ven de recibir o diploma de Excelencia outorgado pola Subdirección Xeral de Metereoloxía e Cambio Climático, pola  excelente labor de divulgación desenvolvida durante curso 2021-2022.

 

Parabéns ao profesorado implicado este proxecto!

 

 

A continuación reproducimos o correo recibido coa nova.

 

"Estimados profesores,

 

Resúltanos moi grato enviarlles o diploma de Excelencia, conseguido polo seu centro na participación do programa MeteoEscolas 2021-2022, ó ter acadado a puntuación entre 4.5 e 5. Parabéns"

 

Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Consellería Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

II Carreira de San Silvestre do IES AS Bizocas

O xoves 22 de decembro celebraremos a II edición da carreira de San Silvestre. Esta actividade forma parte do plan de vida saudable do centro e do proxecto Edusaúde.

Deseñade o voso dorsal para poder optar aos premios da carreira (donados pola ANPA), ao sorteo de agasallos entre os e as participantes e ao concurso de deseño de dorsais (en colaboración co Departamento de Educación Plástica e Visual). Ademais lembrade que aquelas persoas que colaboredes coa recollida de produtos de hixiene que se está a levar a cabo no noso centro ( por parte da materia de valores de 4º en colaboración coa FUndación Amigos de Galicia), portaredes outro dorsal que fará visible o voso espírito solidario.

O mesmo día 22, previamente á carreira, faremos un quecemento comunitario con música no patio exterior, dirixido por alumnado de 4ºESO.

 

Distribuir contido