Galardons

 

PREMIO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL

 

O venres, 2 de marzo, o alumnado de 3 ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual , recibiu o segundo premio dotado con 1.000 euros, na categoría alevín, no I Festival "O Museo de Pontevedra en curtametraxes", cuxos galardóns entregáronse onte en Pontrevedra, coa animación " Teño medo as palabras", que dá vida ao marabilloso poema do gran escritor e poeta Miguel Ángel Alonso Diz, e que poderedes ver no noso xa VIII Festival Audiovisual #CaranguexoFilms , na sección "Animación para concienciar " coa serie "MIGRANTES " .

 

Aquí está unha captura da curtametraxe , e un momento da cerimonia coa nosa Orientadora Charo Lorenzo e Estela que se achegaron a Pontevedra a recoller o premio.

 

 

 

 

 

 

PREMIO NACIONAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PARA O IES AS BARXAS

O proxecto "Transformando realidades", baixo a dirección de Luz Beloso e Mª José Soto, acadou o segundo premio na convocatoria a nivel nacional da V edición dos Premios GSD INNOVA. Según o xurado " Se valora el fomento de la cultura emprendedora y la educación artística a través de la creación y gestión de un centro de arte donde el alumnado se sitúa en el centro de los procesos de aprendizaje. La  singular aproximación a la diversidad supone un elemento fundamental y distintivo del proyecto".

A entrega de premios foi o martes, 13 de febreiro, en Madrid. Momento que recollen estas instantáneas.

Noraboa Luz e Pilo, e ao voso alumnado.

 Enlace á web de GSD Innova: Enlace 

 

ENTROIDO EN MOAÑA

 

No concurso de carteis para o Entroido 2018, promovido polo Concello, resultou gañador o traballo feito pola nosa alumna Sara Pena Rios de 1º ESO. Recolleu o premio, que consta dun vale de cen euros en material escolar, acompañada pola súa profesora de plástica, Luz Beloso.

 

 

NOVO PREMIO

Premio de Innovación educativa para o IES AS BARXAS ca actividade creativa "Non fai falta ser un superheroe para deixar de fumar", realizada polo alumnado de 1º ESO B, dentro do plan proxecta "Clases sen fume", das Consellerias de Educación e Sanidade.

 

 

PREMIOS PARA O IES AS BARXAS

O pasado mércores 7 de xuño, un traballo realizado por alumnos de Animación de 1º de bacharelato, resultou gañador do primeiro premio do concurso de curtametraxes sobre doazón e transplantes de órganos, promovido pola Consellería de Sanidade.

Por outro lado, o venres 9 de xuño, na convocatoria dos Premios Olloboi 2017, celebrada en Boiro, acadaronse dous premios, o de Mellor guión orixinal pola curtametraxe "A muller lamprea VI: Ariadna quere ser Teseo", para o Departamento de Plástica, e o de Mellor BSO "Ainda que sexa un soño", Música As Barxas.

Así mesmo, o video "Ainda que sexa un soño", resultou gañador do Premio Videoghit 2017 á Mellor Interpretación Vocal, convocado polo IES Pintor Colmeiro de Silleda.

Para ver o video, premede no seguinte enlace: video

Parabéns a todos eles e elas. 

PREMIO PARA O IES AS BARXAS

 

 O proxecto, TRANSFORMANDO REALIDADES, foi premiado pola Plataforma Proyecta Innovación!. Desde aqui queremos dar as grazas á Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre pola confianza depositada.

Tras a defensa dos 10 proxectos finalistas no VI Encontro InspiraTICs do pasado 26 de maio e tomando como referencia os criterios de valoración que constan nas bases do certame, o xurado decidiu premiar a 3 dos proxectos coas seguintes contías:

  • Proxecto “Transformando Realidades”, cunha contía de 3.500€ (30% do importesolicitado), presentado polo IES As Barxas.
  • IES Celso Emilio Ferreiro, co seu proxecto “Empoléirate na Ciencia”, cunha contía de 2.000€ correspondente co 100% do importe solicitado. Ademais, en función da valoración do xurado, as fundacións decidiron outorgar a este proxecto un premio extraordinario, por contía de 2.000€, destinado exclusivamente a actividades de formación.
  • Proxecto “Xogamos aos oficios con Minecrat”, cunha contía de 3.500€ (30% do importe solicitado), do CEIP Ponte dos Brozos.

Enlace

 

CAMPEONATO DE ESPAÑA DE TAEKWONDO.

OUTRO ÉXITO PARA OS NOSOS ALUMNOS

No pasado campeona de España de Taekwondo, celebrado en Valencia, os nosos alumnos obtiveron moi bos resultados. Noah Pena, campeona na categoría de 47 kg; Pablo Patiño, campeón na categoría de 53 kg y Leticia Trigo, subcampeona na categoría de 51 kg.

 

PREMIO NO V CERTAME AUDIOVISUAL DO IES MONTE CARRASCO

Un novo premio para o IES As Barxas. Esta vez o galardón foi para Inclusión, que recibiu o premio ao mellor video didáctico no V Certame Audiovisual do IES Montecarrasco.

 

O video, realizado dentro das actividades do grupo Saftas (Students Academy of FIlm and Theatre Awards), do Erasmus +, no que participamos, explica de xeito moi sinxelo conceptos claves para a convivencia na nosa sociedade e apoia a normalización en todos os aspectos da vida cotiá das persoas con trastorno do espectro do autismo.

PREMIOS OLLOBOI 2016

Na edición do 2016 dos Premios Olloboi de Audiovisual escolar o IES As Barxas acadou un novo premio, o Zamburrioi, o especial da organización, ao conxunto das pezas presentadas polo centro moañés. O premio entregado pola propia organización do festival, onde ademais dos criterios xerais das bases pódense ter en conta outros coma a traxectoria audiovisual do centro educativo, a participación da comunidade educativa, etc.

Fonte: https://2016.olloboi.com/premios

 

PREMIOS VIDEOGHIT

Nos premios  Videoghit, que cumpren xa a sexta edición,e que están organizados polo IES Pintor Colmeiro de Silleda, o video QUEREMOS GALEGO, acadou o premio na categoría de Mellor canción orixinal neste certame cuxo obxectivo é fomentar a música en galego entre o alumnado da nosa comunidade.

 

 

 

O Campionato de España de banco fixo celebrado no Porto de Alacante durante todo o fin de semana pasado, contou con catro remeiros da comarca do Morrazo loitando por Amegrove para conquistar o seu segundo título nacional en categoría cadete despois de cinco anos. A embarcación con oito tripulantes e un temoneiro no canto do patrón, dirixidos por Iván Fandiño, conquistou o podio. Entre esa tripulación estaban dous dos nosos alumnos, Ismael Curro e Aitor Casás, do clube SD Samertolameu. Noraboa a todos eles!

 

O alumno do noso centro, Marcos Rodríguez Peixoto, de 1º ESO A, foi o gañador do concurso de carteis do entroido de Moaña.

A cerimonia de entrega do premio foi o xoves 4 de febreiro na Casa do Concello. 

 

 

 

 

Distribuir contido