DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Galardons

O IES As Barxas obtén unha mención especial pola súa calidade e estética no Concurso "Te veo en 3 minutos" da Fundación Princesa de Asturias. Dende aquí felicitar a alumnas María Piñeiro, Nuria Souto e Jessica Miranda por este recoñecemento. O vídeo gañador:

(Ver máis)

 

 

 

Area Guede, alumna de 4º ESO no IES As Barxas, gañadora dunha beca Amancio Ortega para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos. O Faro de Vigo, faise eco da nova.

(ver máis)

 

 

 

Claudia , Aarón, Paula, Elena, Tamara, Andrea, Sheila e María, alumnos de 3º ESO D, gañan o premio ao mellor video no concurso InvestigArte. O vídeo presentado foi infección vírica. (ver máis). Parabéns  a todos eles.

Aquí unha instantánea dos gañadores, acompañados do seu profesor Francisco Torrado, co premio co que foron obsequiados.

 

 

 

Alumnos de As Barxas, acompañados por Pilo, Luz e Seso, viaxaron o mercores 19 de novembro a Ourense para asistir a entrega de premios do V Festival de Cine Internacional OUFFescola. O noso Centro recibeu unha Mención especial polo volume e calidade dos traballos presentados. Noraboa aos nosos artístas. (Ver máis)

 

 

 

O proxecto "Barxas Emprende: creación dunha editorial" foi seleccionado, de entre máis de 70 participantes, como gañador da Primera Edición do concurso "Proyecta Innovación", que ten como obxetivo promover a renovación da aprendizaxe nos centros educativos galegos.

"Barxas Emprende" é un proxecto creativo e interdisciplinar que consiste na creación dende cero dunha empresa editorial de libros infantiles ilustrados realizados por alumnos.

No Proxecto paricipan, ademáis do IES As Barxas,  Alfonso Marcos (CEIP ESPIÑEIRA), María Blanco (IES XULIAN MAGARIÑOS), Montserrat Sotelo (CEIP A RÚA) e Verónica Marticorena (IES SANCHEZ CANTÓN).

O martes 21 de outubro tivo lugar a entrega do premio en Arteixo.

Parabéns a todos os participantes!

 

 

 

 

Distribuir contido