DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Galardons

 

O pasado xoves, 21 de xaneiro, celebrouse no salón de actos do Instituto Cervantes de Madrid a Gala de Entrega de premios da III edición do Premio Nacional da Fundación GSD.

O Obradoiro Músicasbarxas foi o gañador do segundo premio,  na modalidade 1, relacionada cos proxectos educativos desenvolvidos por docentes que traballen directamente na aula de educación reglada, e que ten por integrantes a José Manuel Durán, Palmira Calvar e José Luis Pena.

Recolleron o premio José Manuel Durán e José Luis Pena, xunto a eles, na foto que recolle o momento da entrega, están Ximena Muñoz (Consultora de Naciones Unidas) e Javier Cacho (Gerente de Grandes Cuentas de COSPA AGILMIC).

Noraboa!.

 

O pasado 2 de decembro, no campionato de España de Taekwondo, acadaron medalla as nosas alumnas: María Glez Dasvilasboas ,Campeona de España cadete -59 kg, Lucía Santomé, bronce  en el Campeonato España Cadete -47 kg y Noah Pena Paredes, bronce en el Campeonato de España de Clubes -44 kg.

 

 

 

 PREMIO NACIONAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA PARA O IES AS BARXAS

 

O proxecto "Transformando realidades", baixo a dirección de Luz Beloso e Mª José Soto, acadou o segundo premio na convocatoria a nivel nacional da V edición dos Premios GSD INNOVA. Según o xurado " Se valora el fomento de la cultura emprendedora y la educación artística a través de la creación y gestión de un centro de arte donde el alumnado se sitúa en el centro de los procesos de aprendizaje. La  singular aproximación a la diversidad supone un elemento fundamental y distintivo del proyecto".

 

A entrega de premios foi o martes, 13 de febreiro, en Madrid. Momento que recollen estas instantáneas.

 

Noraboa Luz e Pilo, e ao voso alumnado.

 

 

 

 

PREMIO NACIONAL DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

 

Na III edición do Premio Nacional da Fundación GSD, na modalidade relacionada cos proxectos educativos desenvolvidos por docentes que traballen directamente na aula de educación reglada, o Obradoiro Músicasbarxas acaba de gañar o segundo premio. Como integrantes están Seso, Palmira e José Luis Pena. O xurado destaca que é " Un proyecto pertinente que en su innovación hace hincapié especialmente en el desarrollo de una dimensión creativa a través de diferentes variables de la música. Destaca su capacidad de comunicar con claridad".

NORABOA POLO VOSO TRABALLO!....e Madrid vos espera para recoller o premio.

 

 

AS BARXAS VIAXA AOS PREMIOS PRINCESA DE ASTURIAS

Durante os dias 20, 21 e 22 de outubro, as alumnas Jessica Miranda, María Piñeiro e Nuria Souto, viaxaron a Oviedo acompañadas pola profesora Paloma Pérez e invitadas pola Fundación Princesa de Asturias por ter quedado finalistas no concurso Te veo en 3´, no que se presentaron cun traballo sobre Frank Ghery tuteladas pola profesora Luz Beloso.Na súa estancia participaron en actos con premiados como Leonardo Padura, premio das Letras, Emilio Lledó, premio da Comunicación e Francis F. Coppola, premio das Artes. Tamén tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da Fundación, onde foron recibidas por Teresa Sanjurjo, a súa directora, visitar o Centro Neymeyer en Avilés e a sede da TPA en Gijón.

Durante eses dias compartiron experiencias con outros tres centros do noso país, procedentes de Palma de Mallorca, Almería e Asturias.

Toda unha experiencia!

O proxecto "Porque un libro es una obra de arte" está entre os 12 finalistas do Premio Escuelas para la Sociedad Digital 2015, que outorga a Fundación Telefónica.

Como finalista, este proxecto xa está premiado cunha cuantía de mil euros, que hai que invertir na mellora e fortalecemento do proxecto.

Dende agora, entra nunha nova fase de avaliación para optar ao 1º e 2º premio.

Noraboa aos compañeiros e alumnos que  fixesteis posible este proxecto e moitas grazas polo voso traballo e adicación.

Distribuir contido