DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Galardons

 

Os alumnos de 4º ESO de Plástica, recibiron o mércores 25 de Maio o segundo  premio pola curtametraxe de animación "Dibujando mi futuro" outorgado polo OAPEE. O Certame, no que  participan institutos da Unión Europea, englóbase dentro do proxecto Comenius. Na elaboración da curtometraxe participaron: Adrián Barros, Claudia González, Natalia Blanco, Kevin Santomé, Daniel Alvarez, José Aboy, Pablo Santos e Joel Fontenla, dirixidos pola profesora de Plástica.Dende aquí felicitalos a todos eles. 

(máis información)

 A asociación Espiral é un colectivo de profesores e profesoras interesados na promoción e aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación na Educación. O premio Espiral Edublogs é un dos eventos con máis repercusión na blogsfera xa que moitos profesores e profesoras, presentan os seus blogs e mostran as súas propostas didácticas coas das TIC onas aulas.
O premio supón por tanto un escaparate que mostra as múltiples posibilidades que ofrecen os blogs na aula. Cada un dos premiados recibe unha peonza, símbolo deste premio, que representa a enerxía coa que pretemndemos impregnar o mundo da web 2.0

 

 

O blog http://edu-plastica.blogspot.com/ acadou o 4º premio na categoria Blog de alumnos da ESO V premio Espiral EDUBLOGS 2011, Este blog nace o 22 de maio de 2008. É un espacio de contido educativo que recolle a actividade da aula-taller de plástica do noso centro. Creado por e para os alumnos, que cos seus traballos son quen o manteñen con vida.

 

http://educortos.blogspot.com/ foi finalista na categoría Blog de profesores e profesoras. Este blog é unha experiencia educativa na que se utilizan os recursos da linguaxe cinematográfica na educación plástica e visual, posibilitando así que os alumnos abran vías de experimentación, buscando novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías. Colaborando, como sempre, con outros departamentos dende unha didáctica interdisciplinar e transversal.

Dende aquí a norabóa aos nosos alumnos de plástica e á súa profesora Luz.

 

Distribuir contido