Skip to Content

O Xelmírez I presente no Congreso Xuvenil Internacional de Climántica de Aveiro

Este ano, como vén pasando dende hai xa bastantes, o noso centro participou no Congreso Xuvenil Internacional de Climántica que se desenvolveu en Aveiro (Portugal) entre os días 2 e 6 de setembro e no que se elaboran produtos: videos, carteis, un musical,.. cos que se pretende concienciar a toda a sociedade dos problemas derivados do cambio climático e a urxencia de tomar decisión intelixentes.

Este ano o grupo participante estaba por 12 alumnas e alumnos, acompañados por Teresa Varela e Manuel A. Fernández, profesores do departamento de CCNN. Gústanos resaltar que incorporados ao gran equipo de monitores de Climántica hai 3 exalumnos do centro, o que nos fai pensar que esta experiencia marca.



story | by Dr. Radut