Skip to Content

Recollida de títulos

Dende o día de hoxe, os/as alumnos/as que promocionaron no curso académico 2018/2019 poden pasar a retirar os seus títulos da ESO, Bacharelato ou Ciclos pola Secretaría do centro en horario de oficina.

Para proceder á retirada do mesmo é imprescindible que o realice persoalmente o/a alumno/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI.

Se non o pode recoller persoalmente, poderá autorizar a outra persoa, preferentemente familiar, a través do modelo adxunto, asinado polo/a alumno/a no que deberá figurar o nome, apelidos e o DNI da persoa autorizada, acreditando a súa identidade. O dito modelo acompañarase dunha fotocopia simple do DNI do titular do título.

A Dirección.



story | by Dr. Radut