Skip to Content

Roteiro literario por Trasalba, Ourense e Celanova.

O pasado 18 de xaneiro, o alumnado de 2º BAC do IES Xelmírez I realizou unha roteiro literario que percorreu as terras de Trasalba, onde se visitou a Fundación Otero Pedrayo e os arredores da casa natal do escritor. Logo o camiño levounos a Ourense, onde agardaba o roteiro de A Esmorga. Por último,  a parada foi en Celanova, na Casa dos Poetas (Curros e Celso Emilio), ademais do mosteiro de San Rosendo. Neste último, tivemos ocasión de achegarnos á cela onde estivo encarcerado Celso Emilio, así como coñecer a biblioteca histórica do instituto da vila.

 

 




story | by Dr. Radut