Skip to Content

Fondo solidario de libros

Informamos aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as:

En virtude da ORDE do 16 de maio de 2017 (DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24627) ábrese o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto, así como para solicitar a axuda para a adquisición de material escolar.

- O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O DIA 23 DE XUÑO DE 2017.

- Os impresos para solicitar tanto a participación no fondo solidario de libros como para a axuda para adquisición de material escolar están a disposición do alumnado na bedelería do centro.

A MODO DE RESUMO:

- O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO particIpará no Fondo solidario, é dicir, NON RECIBIRÁ VALES PARA MERCAR LIBROS DE TEXTO SENÓN QUE SE LLES ENTREGARÁN OS LIBROS RECOLLIDOS NO CENTRO AO ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO NO CURSO 2016/2017.

O alumnado de 4º ESO que non promocione terá un prazo especial de solictude tanto na participación no Fondo solidario como para a adquisición de material escolar.

Para calquera dúbida, os pais/nais/titores legais pode asesorarse na secretaría do centro.



story | by Dr. Radut