Skip to Content

Alumnado preinscrito para o Intercambio entre o IES Arcebispo Xelmírez I e o IES Ciudad de los Poetas de Madrid

Lista de alumnado preinscrito para o Intercambio entre o IES Arcebispo Xelmírez I e o IES Ciudad de los Poetas de Madrid a realizar do 3 ao 10 de abril do 2024 (visita do noso alumnado a Madrid) e do 16 ao 23 de abril do 2024 (visita do alumnado de Madrid ao noso centro).
Desde a publicación na web e taboleiro de entrada do centro, ábrese un período de 3 días naturais para as reclamacións que as familias consideren pertinentes. Para este fin poden escribir ao enderezo electrónico cascudo@edu.xunta.gal
Como se pode apreciar na lista, o número de alumnos/as preinscritas na viaxe de Intercambio co IES Ciudad de los Poetas de Madrid son 39 e só 25 poden ir. Por este motivo, realizaremos un sorteo público o luns día 11 de decembro no segundo recreo (de 12.25 a 12.45) no que estaremos presentes as alumnas e alumnos que o desexen, titores e vicedirector.
As alumnas e alumnos que saian elixidos realizarán o intercambio este ano e os 14 da lista de agarda terán preferencia no intercambio de 2º da ESO, sempre que se realice o próximo curso.  
Unha vez fixada a lista definitiva, despois do Nadal, convocaremos ás familias do alumnado elixido a unha reunión para tratar temas específicos sobre este intercambio.



page | by Dr. Radut