Skip to Content

Presentación

Que é a biblioteca:
A biblioteca é un espazo pedagóxico que contribúe a acadar os obxectivos académicos e educativos do instituto. Trátase, concretamente, dun espazo de traballo, información, aprendizaxe, docencia, comunicación e socialización. É lendo como aprendemos a ler.

Cales son os obxectivos da biblioteca:
- Constituír un lugar tranquilo e cómodo onde poidan traballar o profesorado e mais o alumnado.
- Fomentar a autonomía do alumnado, tanto na lectura en xeral como no traballo académico.
- Fomentar a competencia lectora, así como a competencia na consulta dos medios e na busca de información.

A que imos á biblioteca:
- A sentirnos cómoda/os e tranquilas/os nun ambiente agradábel e acolledor.
- A aprender como debemos comportarnos nunha biblioteca: estudo, concentración, silencio, comunicación en voz baixa, respecto. Isto vai ser fundamental na vida adulta, cando traballemos en bibliotecas universitarias e doutro tipo.
- A levar a cabo os traballos relacionados coas clases, tanto individualmente como en grupo.
- A investigar manexando as fontes de información dun xeito crítico e construtivo.
- A buscar lecturas e medios audiovisuais e dixitais para o tempo de lecer.
- A participar nas actividades e a asistir aos actos propios da biblioteca.

Que materiais atopamos na biblioteca:
- Literatura de consulta para a preparación das materias
- Literatura para o tempo de lecer
- Xornais e revistas
- Materiais audiovisuais e dixitais



story | by Dr. Radut