Skip to Content

Novas

DÍA NON LECTIVO

Lembramos a toda a comunidade educativa que o venres 13 de outubro non haberá clases por ser día non lectivo.

THAT´S ENGLISH

Comunicámoslle a todos os interesados en matricularse no nivel Básico ou Medio do programa "That's English" que se imparte no noso centro que o prazo de matrícula será dende o 11 de setembro ata o 20 de outubro.

Tamén queremos  informarvos que a Proba VIA (ou proba de nivel) se vai realizar OnLine e os alumnos poderán facela ao longo de todo o período de matrícula. Así os alumnos poderán facer primeiro a proba VIA e unha vez que sepan o  curso (nivel) matricularse e facer o pago. Preme nos seguintes enlaces para máis información:

Proba VIA

Matrícula

Matrícula de setembro

Estas son as datas da entrega de notas e de matrícula de setembro

Mes de agosto

Durante o mes de agosto, o centro permanecerá pechado. Para calquera consulta ou dúbida, pódese empregar o enderezo de email: ies.agra.raices@edu.xunta.es

Fondo solidario de libros de texto curso 2017/18

Xa contamos ca listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo de libros de texto para o próximo curso. Os interesados poden preguntar vía telefónica ou achegarse ao centro para comprobar o seu estado.

 

Axudas para a adquisición do material escolar.

A partires do mércores 12 de xuño, as familias que solicitaron a axuda de material escolar poden achegarse ao centro, en horario de 9:30 a 13:00, para consultar a listaxe de admitidos e recoller o vale correspondente.

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Listaxe de libros de texto. Curso 2017/18

Para ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2017/18 pica aquí.

NOTA: Informamos que o centro dispón no seu Fondo de Libros de exemplares suficientes para algunhas materias. Prégase consultar ao centro antes de encargar/mercar  os libros nas librarías

Publicado o calendario de admisión a ciclos de Formación Profesional para o curso 2017-2018

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o día 26 de xuño ata o día 4 de xullo ás 13:00 horas.

Pendente de publicarse no portal da FP a convocatoria ,así como a oferta de ciclos actualizada.

Ver calendario completo.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2017/18

MATRÍCULA E.S.O. E BACHARELATO

CURSO 2017 – 2018

(ALUMNOS/AS CON TODAS AS MATERIAS APROBADAS EN XUÑO)

DATAS DE MATRÍCULA PREFERENTES:

 1º de ESO: 26 e 27 de xuño

2º de ESO: 28 de xuño

3º de ESO: 29 de xuño

4º de ESO: 30  de xuño

1º de BACH: 3 de xullo

2º de BACH: 4 e 5 de xullo

En caso de que por causas excepcionais, algún alumno/a non puidese matricularse nas datas establecidas anteriormente, terá de prazo para facelo ata o 10 de xullo.

NOTA: Os alumnos e alumnas que a pesar de suspender algunha materia en xuño pero que promocionan ao curso vindeiro (xa sexa porque están repetindo ou porque suspenden unha ou dúas materias) deberán pasar polo centro os días 6 e 7 de xullo para cubrir o impreso de matrícula e indicarnos que materias queren cursar o vindeiro curso(o resto dos trámites da matrícula realizaranse en setembro despois dos exames extraordinarios)

 HORARIO: DE 9:30 h A 13:00 h

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

- CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTRO) 

- FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS

- FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA

- SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNOS DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS)

- 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ

Distribuir contido


by Dr. Radut