Skip to Content

Novas

VIAXE AMSTERDAM/BRUSELAS DO ALUMNADO DE 4º ESO

A pasada semana, o alumnado de 4º da ESO do IES Agra de Raíces de Cee, acompañado polas profesoras Lara Trillo, Iolanda Rodriguez e Mercedes Teijeiro, visitaron as cidades de Ámsterdam e Bruxelas.

Nesta viaxe cultural, organizada polo instituto, tiveron a oportunidade de achegarse un pouco máis á historia e á cultura destas dúas cidades da man de expertos guías locais e visitar os principais monumentos.

En Ámsterdam, visitaron os dous museos emblemáticos da cidade: o Rijksmuseum e o Museo Van Gogh. En Bruxelas, tiveron a oportunidade de explorar o Atomium e descubrir o Museo do Diseño onde disfrutaron da exposición temporal adicada á historia da música disco.

Fóron 5 días de actividade frenética, paseando polos canales holandeses, Begijnhof, o Barrio Vermello, a Praza Dam, a Casa de Anne Frank e o Mercado da Flores en Amsterdam que remataron en Bruxelas  na maxestuosa Grand Place, con visita obrigada ó Manekken  Pis e ás maxestuosas galerías.

       

                         A expedición do Raíces fronte o Rijksmuseum (Amsterdam)

 

A SEMANA CULTURAL RAÍCES 2019 EN IMAXES

Mostramos algunhas de imaxes relacionadas cás diferentes actividades desenvoltas na Semana Cultural que está tendo lugar entre o 25 e o 29 de marzo.

           

                              Os alumnos de 1º ESO na Ruta Meighalirea 

 

       

                               Os alumnos de 1º eso no Domen de Dombate

 

       

               Os alumnos de 3º ESO no Mosteiro de San Salvador de Celanova

 

       

 Francisco José Lema "Chisco" impartindo unha charla sobre os lobos na comarca ao alumnado de 1º ESO

 

 

INTERCAMBIO DE FRANCÉS. O RAÍCES EN REDON

Un grupo de 16 alumn@s e 2 profesores están a desenvolver a xa tradicional viaxe de intercambio cun centro da Bretaña francesa, en Redon.  Alí, dende o 26 de marzo e ata o 2 de abril, ademais de convivir cos seus compañeiros franceses e as súas familias, terán a oportunidade de coñecer a rexión e visitar, entre outras cousas, a cidade de Rennes e o castelo de Mont Saint Michelle. Os alumnos franceses visitarán proximamente a Costa da Morte no mes de Abril.

              

                                  A expedición do Agra de Raíces en Redon (Bretaña francesa)

A POESÍA TOMA A SEMANA CULTURAL DO RAÍCES

O pasado luns 25, o poeta lucense Lois Pérez, visitou a biblioteca do instituto Agra de Raíces. convidado polo club de lectura "Libros Coma Area" na Semana Cultural.  Por outra banda, o martes 26, tivo lugar o segundo día de poesía na Biblioteca, onde gozamos da visita do escritor Carlos Negro, compartindo versos e moito máis entre alumnado e profesorado.

     

Alumnos e profesores có poeta Lois Pérez

 

Carlos Negro con un dos nosos alumnos

 

SEMANA CULTURAL RAÍCES 2019

Do 25 ao 29 de marzo ten lugar a Semana Cultural do noso centro, onde as alumnas e alumnos, profesoras e profesores, teñen a oportunidade de realizar varias saídas didácticas, asistir a charlas e obradoiros de diferentes temáticas, así como a proxeccións de películas e documentáis. Estas son algunhas das actividades que se están a desenvolver:

-Saída ao Dolmen de Dombate e Castro de Borneiro para 1º ESO, onde ademais participaron nun obradoiro.

-Saída a E.S. Bazarra para 1º ESO.

-Visita a 2 empresas no Polígono de Sabón (Arteixo) para 1º ESO.

-Saída ao conxunto histórico de Moraime y os secadoiros de congro de Muxía para 2º ESO.

-Saída ás Torres do Allo para 2º ESO onde ademais participaron nun obradoiro

-Saida a Celanova para visitar o Mosteiro de S. Salvador, a Capela de S. Miguel, c.oncerto didáctico có órgano histórico do mosteiro y visita á Casa dos Poetas para 3º ESO.

-Charlas a cargo do CIM sobre igualdade para 1º ESO.

-Charla sobre o lobo na comarca de Francisco José Lema  para 1º ESO.

 -Charla solidaria da Asociación Egueire para toda a ESO.

-Charlas da Asociación de Amigos de Galicia sobre igualdade e voluntariado para diferentes nivéis da ESO.

-Charla da Asociación Adega para 2º e 3º ESO sobre especies invasoras e posterior saída pola contorna.

-Charla APEM do programa "Descubre" sobre saude mental e consumo de drogas para 3º ESO.

-Charlas/obradoiros do Proxecto Medioambiental CONCIENCIA para 2º ESO.

-Obradoiro da Fundación Mapfre para 2º ESO.

-Obradoiros de actividades deportivas da profesora Jessica Blanco para 1º e 2º ESO

-Obradoiro de xornalismo e obradoiros científicos do CICA para 3º ESO.

-Obradoiro de Matemáticas Divertidas para 1º ESO.

-Obradoiro de construcción dun reloxo solar para 2º e 3º ESO.

-Obradoiro "Querote" sobre consumo de alcohol para 3º ESO.

-Obradoiros e charlas dos profesores/as e alumnos/as do CAE do centro aos alumnos da ESO.

-Diversas conferencias/obradoiros literarios a cargo de autores galegos como Lois Pérez e Carlos Negro.

 -Diversas conferencias a cargo da USC para os alumnos de 1º BACH.

-Etc.

Isabel Touriñán Canosa, 1º premio na modalidade de fotografía do concurso "Pola Igualdade 2018"

A alumna de 4º ESO do IES Agra de Raíces de Cee, Isabel Touriñán Canosa, ven de recibir o 1º premio na modalidade de fotografía do concurso "Pola Igualdade 2018", coa fotografía titulada "Aghuas de mel". A entrega do premio tivo lugar o pasado martes en Santiago de Compostela.
Este concurso artístico, difundido a todos os centros de Educación Secundaria, está organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio de Psicoloxía de Galicia. O obxectivo do concurso é concienciar ao alumnado da ESO, das desigualdades existentes entre os distintos xéneros e promover a reflexión e a promoción da igualdade en calqueira dos ámbitos da vida.

Parabéns Isabel! desde a Costa da Morte hai moito que dicir!.

 

PREMATRÍCULA 2019-20

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de prematrícula para ESO e Bacharelato. Haberá que entregar o impreso cumprimentado na Secretaría. Pódense descargar dende aquí.

LISTAXE DO ALUMNADO CON SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2019-2020

Publicamos a listaxe do alumnado dos centros adscritos ao IES Agra de Raíces que presentaron solicitude de admisión para o curso 2019-2020. Pódese consultar no arquivo adxunto.

Procedemento de reserva de praza en centros adscritos e solicitude de admisión para o curso 2019/20

Xa está aberto o prazo de reserva de praza en centros adscritos que será do 1 ao 15 de febreiro. Polo tanto, o alumnado dos centros adscritos ao Ies Agra de Raíces que vaia cursar 1º da ESO ou 1º de BACHARELATO no vindeiro curso, deberá realizar entre esas datas a súa solicitude de reserva de praza no seu centro educativo de orixe, en calquera das administracións públicas que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro ou a través da sede electrónica para o que se precisará neste caso chave 365 ou certificado dixital.

Deberán entregar ademais, debidamente cumprimentado, o impreso de prematrícula do noso centro que lles será facilitado no centro de orixe ou que poden tamén descargar dende aquí.

PROBA DE ACCESO A CICLO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as probas de acceso a ciclo superior de formaciòn profesional entre os días 28 de xaneiro a 8 de febreiro. Podedes ampliar a información consultando o arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut