Skip to Content

GAÑADORES DO CONCURSO STAT TOK!

Unha parte do alumnado de 1º ESO do instituto participou no concurso nacional “STAT TOK.” Trátase dunha actividade do proxecto FCT21-16586 “STAT WARS: La Rebelión de los Datos”, apoiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e pola Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET). Os obxectivos do concurso son:

  • A divulgación de estatística a través da red social Tik-Tok.

  • Estimular a creatividade e o pensamento crítico dos estudantes de ESO, Bacharelato e FP dos centros de ensinanza españois.

  • Contextualizar a Estatística e a Ciencia de Datos en entornos reais e cotiáns, amosando a súa utilidade na vida real.

As bases do concurso, permitían o envío dun máximo de tres vídeos por centro educativo de ata un minuto de duración. Nos seguintes enderezos, poden consultarse os vídeos que enviamos dende o noso instituto:

  • https://www.tiktok.com/t/ZGJQtoHMr/ , creado por Antía Haz, Pedro Mouzo, Sara Casais, Ainoa Liñeiro, Gabriel Caamaño e Paula Costa. Trátase dun vídeo-tutorial sobre os conceptos máis básicos da estatística descritiva.

  • https://www.tiktok.com/t/ZGJQneah9/, creado por Marta Otero, Andrea Ramos e Noa Santos. As alumnas fixeron un estudo acerca das preferencias poblacionais entre Colacao ou Nesquick! Vós que preferides?

  • https://www.tiktok.com/t/ZGJQnFnxS/, creado por Daniela López, Daniela Martínez, Antía Domínguez, Thalía Leis, Lucía Ramos, Helena Otero, Carla García e Natalia Macias. Trátase dun vídeo-tutorial sobre os conceptos máis básicos da estatística descritiva.

O vídeo realizado polos alumnos Antía Haz, Pedro Mouzo, Sara Casais, Ainoa Liñeiro, Gabriel Caamaño e Paula Costa resultou gañador do primeiro premio nacional do concurso. O pasado venres 23 de Xullo, acudiron ao instituto Berta Rial e Ana Bouzas da Universidade de Santiago de Compostela para entregarlles os premios ao gañadores. Cada membro do equipo gañador recibiu un “kit STAToker de éxito”, composto por: aro luz led con trípode, calculadora, libro estatístico, camiseta e unha mochila do proxecto.

Ademais de obter o primeiro premio, o resto de vídeos enviados ao concurso tamén tiveron moi boa acollida tanto polas interaccións recibidas na rede social Tik-Tok como pola valoración do xurado.

Moitos parabéns chicos e chicas!

 

 

AdxuntoTamaño
WhatsApp Image 2023-06-27 at 12.27.31.jpeg165.05 KB
WhatsApp Image 2023-06-27 at 12.27.29 (1).jpeg144.58 KB
WhatsApp Image 2023-06-27 at 12.27.29.jpeg127.53 KB
WhatsApp Image 2023-06-27 at 12.27.28 (1).jpeg136.19 KB
WhatsApp Image 2023-06-27 at 12.27.28.jpeg141.64 KB
WhatsApp Image 2023-06-27 at 12.27.26.jpeg143.21 KB
WhatsApp Image 2023-06-27 at 12.27.19.jpeg150.25 KB


blog | by Dr. Radut