Skip to Content

Blogues

PROXECTA + "AULAS SEN FUME " (Vídeos)

Na actividade de Proxecta + "Aulas sen fume" o alumnado de 2º ESO, coordinado pola profesorade matemáticas Jenifer Espasandín, realizou os seguintes vídeos:

Para ver os vídeos prema aquí. Abrirase a aula virtual do centro e debe acceder como convidado

 

 

PROXECTA + "AULAS SEN FUME " (Lemas)

Este proxecto, coordinado pola profesora de matemáticas Jenifer Espasandín, destínase a todo o alumnado de 2º ESO coa fin de evitar ou reducir o consumo de tabaco. Para elo levaranse a cabo un conxunto de actividades interactivas baseadas na sucesión de presentacións, vídeos e concursos a través dos cales se pretende transmitir e concienciar ao alumnado os beneficios que aporta non consumir substancias tóxicas.

Os obxectivos principais son:

  • Evitar ou reducir o consumo de tabaco entre o alumnado.
  • Difundir hábitos de vida saudables entre o alumnado.
  • Concienciar ao alumnado dos riscos para a saúde do consumo do tabaco.
  • Mellorar as competencias sociais e cívicas do alumnado.
  • Potenciar a expresión creativa e o traballo colaborativo e cooperativo, creando unha dinámica de aula positiva e construtiva.

Os traballos que se fixeron para escoller un lema son os seguintes: 

 

 

Un alumno do IES Agra de Raíces consegue posicionarse entre os primeiros clasificados do “Canguro Matemático”

Daniel Ferradás Lema de segundo da ESO consegue situarse como décimoterceiro a no ámbito do Estado entre case 6000 alumnos e alumnas que se presentaron na súa categoría.

O concurso do Canguro Matemático está organizado por la Federación Española de Sociedades de Profesorado de Matemáticas, no que pode participar alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, así como alumnado de Ciclos de Grao Medio ou Superior de calquera centro educativo, publico, privado ou concertado. Neste edición contaron cunha participación de case 25000 estudantes de toda España. A proba consistía en responder a trinta preguntas tipo test con cinco posibles respostas en menos de 75 minutos, as dez primeiras son máis ou menos sinxelas, as dez seguintes de nivel medio-alto, e as dez últimas moito más complicadas son as que permiten unha maior puntuación.

Cabe mencionar que non é a primera vez que este alumno destaca neste concurso, pois xa obtivo unha posición similar na edición anterior.

O profesorado do departamento de Matemáticas do IES Agra de Raíces, quere felicitar tamén ao resto de alumnado de 2º ESO que se animou a participar nestas probas e asistiu a diversos talleres de preparación.

       

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA ESO DO VINDEIRO CURSO 2024-2025

Abriuse o prazo para presentar as solicitudes de axuda para a adquisición de material escolar (“Vales”) para o alumnado que no vindeiro curso 2024-2025 estará matriculado nalgún curso da ESO. O alumnado non optará aos libros de texto, posto que o IES Agra de Raíces está incluído no proxecto  E-DIXGAL.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo remata o día 21 de xuño

 

A continuación se poden consultar e descargar os ficheiros relativos a este asunto, e concretamente o modelo de solicitude editable.

2º BACHARELATO

1.- As cualificacións finais de 2º bacharelato publicaranse en abalar o 15 de maio á tarde.

 

2.-As datas de reclamación de cualificacións finais de 2º bacharelato serán os días 20 e 21 de maio.

   -Enlace ao modelo de reclamación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut