Skip to Content

Blogues

Hipólito Santabaya e Pedro Márquez

Dúas vidas dedicadas á ensinanza son as de Hipólito Santabaya  e Pedro Márquez, profesores do IES Agra de Raíces de Cee que agora se xubilan.

Hipólito, que naceu en Brens,  o foi todo no Agra, comezou primeiro sendo alumno e logo voltou ao que fora seu instituto pero xa como profesor de Educación Física. Foi Xefe de Estudos e mesmo Director, cargos que desempeñou de xeito abnegado e íntegro. Tamén a el débenselle os inicios do Departamento de Orientación, que puxo en funcionamento, pois con razón estudou e licenciouse en Psicoloxía.



Pedro, Don Pedro, natural de Carnota, é o derradeiro dos mestres con tratamento de Don, profesor de varias xeracións, de familias enteiras que con el estudaron sempre de xeito doado as Matemáticas. Un docente vocacional e xeneroso e un  pai para o alumnado que constitúe todo un referente na Costa da Morte, de todo o mundo coñecido, querido e respectado.

Aos dous desexarlles a partires de agora o mellor, sorte e felicidade na nova etapa que emprenden nas súas vidas, e por suposto, darlle as grazas por todo o traballo ben feito e a súa entrega fiel a esta profesión que é a de educación.

HORARIO DURANTE O MES DE XULLO DE 2023

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBICO DURANTE O MES DE XULLO DE 2023

 

O horario de atención ao público, tanto presencial coma telefonicamente, durante o mes de xullo de 2023, será:

 

De luns a venres, salvo festivos

De 10:00h a 13:00h

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO STAT TOK!

Unha parte do alumnado de 1º ESO do instituto participou no concurso nacional “STAT TOK.” Trátase dunha actividade do proxecto FCT21-16586 “STAT WARS: La Rebelión de los Datos”, apoiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia e Innovación e pola Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET). Os obxectivos do concurso son:

  • A divulgación de estatística a través da red social Tik-Tok.

  • Estimular a creatividade e o pensamento crítico dos estudantes de ESO, Bacharelato e FP dos centros de ensinanza españois.

  • Contextualizar a Estatística e a Ciencia de Datos en entornos reais e cotiáns, amosando a súa utilidade na vida real.

As bases do concurso, permitían o envío dun máximo de tres vídeos por centro educativo de ata un minuto de duración. Nos seguintes enderezos, poden consultarse os vídeos que enviamos dende o noso instituto:

  • https://www.tiktok.com/t/ZGJQtoHMr/ , creado por Antía Haz, Pedro Mouzo, Sara Casais, Ainoa Liñeiro, Gabriel Caamaño e Paula Costa. Trátase dun vídeo-tutorial sobre os conceptos máis básicos da estatística descritiva.

  • https://www.tiktok.com/t/ZGJQneah9/, creado por Marta Otero, Andrea Ramos e Noa Santos. As alumnas fixeron un estudo acerca das preferencias poblacionais entre Colacao ou Nesquick! Vós que preferides?

  • https://www.tiktok.com/t/ZGJQnFnxS/, creado por Daniela López, Daniela Martínez, Antía Domínguez, Thalía Leis, Lucía Ramos, Helena Otero, Carla García e Natalia Macias. Trátase dun vídeo-tutorial sobre os conceptos máis básicos da estatística descritiva.

O vídeo realizado polos alumnos Antía Haz, Pedro Mouzo, Sara Casais, Ainoa Liñeiro, Gabriel Caamaño e Paula Costa resultou gañador do primeiro premio nacional do concurso. O pasado venres 23 de Xullo, acudiron ao instituto Berta Rial e Ana Bouzas da Universidade de Santiago de Compostela para entregarlles os premios ao gañadores. Cada membro do equipo gañador recibiu un “kit STAToker de éxito”, composto por: aro luz led con trípode, calculadora, libro estatístico, camiseta e unha mochila do proxecto.

Ademais de obter o primeiro premio, o resto de vídeos enviados ao concurso tamén tiveron moi boa acollida tanto polas interaccións recibidas na rede social Tik-Tok como pola valoración do xurado.

Moitos parabéns chicos e chicas!

 

 

YAGO LÓPEZ OBTÉN O 3º POSTO NA VIII OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

O día 31 de maio tiveron lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela as probas da “VIII Olimpiada de Traducción de Textos Clásicos 2023”, organizada pola Sección de Galicia da Sociedade Española de Estudos Clásicos en colaboración co Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC.

Cinco alumnas e alumnos do noso centro preparados polo profesor Manuel Carande participaron na proba, destacando Yago López Romero que acadau o 3º posto na modalidade de Grego.

O acto solemne de entrega de premios e diplomas celebrarase ás 17:00 horas do próximo xoves 15 de xuño no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

Matrícula ESO e Bacharelato curso 2023-2024

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2023-2024 comeza o día 27 de xuño e remata o 6 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos que se respecte o seguinte calendario, en horario de 09:30 a 13:30 horas:

  • 27 de xuño: 2º BAC
  • 28 de xuño: 1º BAC
  • 29 de xuño: 4º ESO
  • 30 de xuño: ESO
  • 3 de xullo: 2º ESO
  • 4 de xullo: 1º ESO

O alumnado que pode matricularse é aquel que promociona ou titula, a pesar de ter materias suspensas na avaliación final. 

Así mesmo, haberá que entregar a seguinte documentación, xunto co formulario da matrícula, na Administración do centro:

  • CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTROS, AGÁS OS PROVENIENTES DO CEIP VILA DE CEE).
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS/NAIS OU TITOR/A LEGAL.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.
  • SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS).
  • 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ.
  • Impreso de AUTORIZACIÓNS debidamente cuberto e asinado. 

Achéganse, como documentos adxuntos, os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos. 

Entrega de premios da Olimpiada de Química

A Universidade de Vigo acolleu o pasado venres a entrega de galardóns e diplomas a gañadores e participantes de XL Olimpiada Galega de Química.

Entre os participantes atopábase o noso alumno José Manuel Domínguez que xunto aos demais participantes visitaron os laboratorios da Facultade e recibiron os seus galardóns.

 

 

 

ABAU 2023

Nestes dous documentos podedes consultar o calendario das ABAU 2023 así como os documentos que tedes que traer ao exame.

HOMENAXE CONCHA BLANCO

O pasado martes 16 de maio, o IES Agra de Raíces rendeu homenaxe a unha das escritoras máis importantes da literatura galega, a ceense Concha Blanco. Concha Blanco combinou durante moitos anos a súa faceta literaria co seu labor de docente xa que, aínda que agora estea retirada, a autora formou parte da comunidade educativa do Raíces impartindo clases de Lingua e Literatura Galega durante varios anos.

Despois de impartir unha charla ao alumnado de 1º de Bacharelato, onde fixo un percorrido pola súa traxectoria literaria e o proceso creativo, a dirección do IES Agra de Raíces xunto co equipo da Biblioteca, rendéronlle unha homenaxe bautizando a biblioteca co seu nome.

A autora descubriu unha praca conmemorativa deseñada pola xefa do departamento de Debuxo do centro e realizada en impresión 3D con materiais do proxecto Polos Creativos, no que está inmerso o Raíces. Ademais, o alumnado fíxolle entrega dun ramo de flores. A autora, moi emocionada, agradeceu o acto e agasallou ao alumnado con exemplares da súa obra.

 A dirección do IES Agra de Raíces valorou a figura de Concha Blanco como un referente para Cee, a Costa da Morte e toda Galicia, pola súa contribución ás letras galegas. 

PREMIO EXTRAORDINARIO BACHARELATO 2022

O noso alumno Mateo Pérez Soto brillou na entrega dos premios extraordinarios de Bacharelato, levada a cabo no museo da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, o pasado 12 de maio, recibindo o seu diploma de mans do Presidente da Xunta, don Alfonso Rueda. Unha vez máis, un alumno do noso centro consegue este galardón.

Este recoñecemento súmase aos premios que acadou ao longo do pasado ano. A súa xenialidade fai parecer sinxelos estes fitos que vai sumando; porén, non debemos esquecer a excepcionalidade dos seus logros, que son fruto do seu inxente traballo e que están á man de moi pouca xente.

 

A esta inmensa capacidade académica súmase unha extraordinaria dimensión humana, que fai del un grande compañeiro, un marabilloso alumno e unha persoa admirable.

A comunidade educativa do IES Agra de Raíces quere facer chegar os seus parabéns a Mateo. Sentímonos agradecidos por ter coincidido con esta magnífica xeración de alumnado, da que Mateo actúa como vangarda.

Bravo, Mateo!

Distribuir contido


by Dr. Radut