8- M Día da Muller. Coa miña nai camiño e vexo ...

Este curso para conmemorar o " 8 de marzo"  fixemos un mural entre toda a escola titulado “Coa miña nai, camiño e vexo....”. Para a súa elaboración, o alumnado da clase de 6º de Infantil deseñou, como fondo, un debuxo da nosa parroquia, con montes, casas e camiños.

 Enriba  pegáronse os debuxos das nais que realizaron as nenas e nenos de toda a escola, tamén escribiron as cousas, animais ou plantas que soen descubrir cando saen de camiñada con elas.

 

Nestes vídeos vedes como comentan as súas observacións e descubrimentos.  

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 
 Así mesmo descubrimos 10 mulleres exploradoras que abriron novas rutas que ata entón estábanlles limitadas só por ser mulleres.
Tamén nós, na escola, transitamos coma elas polos sendeiros que nos leven cara un mundo máis xusto e igualitario.