Experimentos na casa. Científicos/as en prácticas III

Continuamos con máis experimentos: 

OVO QUE FLOTA. 

Atendede ben a explicación  e seguro que teredes un bo éxito nesta experiencia. 

EXPERIMENTAMOS COA AUGA: 
Para estes dous experimentos precisamos: auga, (nun cnco e nun vaso), un clip de metal, aceite, un anaco de papel, moedas iguais e xabón da louza.
Primeiro imos comprobar a resistencia da superficie da auga
Enchemos un cunco de de auga. Se botamos un clip metálico, este vai ó fondo. Para evitalo temos que untalo con aceite e colocalo nun anaco de papel que deixamos con coidado sobre a auga. Case de contado, observamos como o papel comeza a mollarse e afundirse mentres que, sorprendentemente, o clip mantense frotando na auga. Cunhas pingas de xabón da louza o clip afundirase no momento.
 
                         
                               
 
Agora, PROBAMOS A ELASTIVIDADE:
Continuamos co das moedas para probar esta vez a elasticidade.Enchemos ata o borde un vaso de auga e comezamos a botar moedas, unha a unha. Observamos que o nivel da auga sobe mentres que no borde cúrvase pero sen chegar a botar por fóra. Para que isto aconteza, basta con botar, novamente, unhas pingas de xabón lavalouzas.

                   
 
Fotos doutro experimento que fixemos coa auga. É o de virar o vaso  foi o que máis lle custou pero empeñouse en facelo, e finalmente saiulle!!